1939 (MCMXXXIX) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

Neste ano iniciouse o conflito bélico máis grande e mortífero da historia da humanidade, a segunda guerra mundial, após a invasión da Alemaña nazi a Polonia o 1 de setembro e provocaría que a meirande parte das nacións do mundo se viran involucradas, o conflito duraría os seguintes seis anos e marcará profundamente a década entrante e o século en xeral.

Acontecementos 1 de abril, o xeneral Franco anuncia a fin da guerra civil española. 21 de xullo, Evasión do bou Ramón: 27 republicanos galegos foxen a Francia desde Ares. 1 de setembro, Alemaña invade Polonia. 1 de setembro, comezo da segunda guerra mundial. Créase o Centro de Instrucións de Marinería da Armada (C.I.M) en Ferrol.

Nacementos 3 de xaneiro - Bobby Hull, xogador de hóckey sobre xeo canadense. 10 de xaneiro - Sal Mineo, actor estadounidense (m. 1976). 5 de febreiro - María Xosé Queizán, escritora e feminista galega. 10 de febreiro - Roberta Flack, cantante estadounidense. 19 de febreiro - Alfredo Bryce Echenique, escritor peruano (m. 2026). 28 de febreiro - Daniel C. Tsui, físico chinés, Premio Nobel de Física. 13 de marzo - Neil Sedaka, cantante estadounidense. 14 de marzo - Pilar Bardem, actriz española. 20 de marzo - Brian Mulroney, primeiro ministro do Canadá 31 de marzo - Zviad Gamsakhurdia, presidente da Xeórxia (m. 1993) 31 de marzo - Volker Schlöndorff, director, guionista de cine e actor alemán. 2 de abril - Marvin Gaye, cantante estadounidense (m. 1984). 7 de abril - Francis Ford Coppola, director de cine estadounidense. 13 de abril - Seamus Heaney, escritor irlandés, Premio Nobel de Literatura. 16 de abril - Dusty Springfield, cantante estadounidense (m. 1999). 23 de abril - Lee Majors, actor estadounidense. 7 de maio - Sidney Altman, químico canadense, Premio Nobel. 7 de maio - Ruud Lubbers, primeiro ministro dos Países Baixos. 1 de maio - María Victoria Moreno, profesora e escritora a quen se dedicou o DLG en 2018. 13 de maio - Harvey Keitel, actor estadounidense. 11 de xuño - Jackie Stewart, piloto escocés de Fórmula 1. 15 de xullo - Aníbal Cavaco Silva, presidente e primeiro ministro de Portugal. 26 de xullo - John Howard, primeiro ministro de Australia. 9 de agosto - Romano Prodi, primeiro ministro de Italia. 12 de agosto - George Hamilton, actor estadounidense. 19 de agosto - Ginger Baker, batería da banda Cream. 21 de agosto - Festus Gontebanye Mogae, presidente de Botsuana. 5 de setembro - Clay Regazzoni, piloto suízo de Fórmula 1 (m. 2006). 8 de setembro - Susumu Tonegawa, biólogo xaponés, Premio Nobel. 18 de setembro - Jorge Sampaio, presidente de Portugal (1996-2006). 30 de setembro - Jean-Marie Lehn, químico francés, Premio Nobel. 5 de outubro - A. R. Penck, pintor, escultor e músico alemán (m. 2017) 6 de outubro - Jean-François Ntoutoume Emane, político gabonés. 7 de outubro - Harold Walter Kroto, químico inglés, Premio Nobel. 14 de outubro - Ralph Lauren, modisto estadounidense. 24 de outubro - Ismael González Díaz, cineasta e escritor galego (m. 2015). 30 de outubro - Leland H. Hartwell, científico estadounidense, Premio Nobel. 11 de novembro - Maria Esther Bueno, tenista brasileira. 18 de novembro - Margaret Atwood, escritora canadense. 26 de novembro - Tina Turner, cantante americana. 26 de novembro - Abdullah Ahmad Badawi, primeiro ministro de Malaisia. 27 de novembro - Laurent-Désiré Kabila, presidente da República Democrática do Congo (m. 2001). 17 de decembro - Eddie Kendricks, cantante estadounidense (The Temptations). 18 de decembro - Harold E. Varmus, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. 29 de decembro - Bulus Nabil al-Saya, bispo católico maronita libanés, arcebispo de Haifa e Terra Santa. Ciríaco Bokesa - escritor ecuatoguineano.

Mortes 1 de xaneiro - Francisco Sánchez García, xornalista e escritor galego (n. 1874). 28 de xaneiro - William Butler Yeats, escritor irlandés, Premio Nobel de Literatura en 1923 (n. 1865) 4 de febreiro - Edward Sapir, lingüista estadounidense.

10 de febreiro - Papa Pío XI (n. 1857). 12 de febreiro - S. P. L. Sørensen, químico dinamarqués (n.1868) 22 de febreiro - Antonio Machado, escritor español. 28 de febreiro - Secundino Feijoo Méndez, empresario circense galego (n. 1870). 2 de marzo - Howard Carter, arqueólogo británico (n. 1874). 2 de marzo - Marcelino Domingo, mestre e político republicano español (n. 1884). 14 de marzo - Manuel Barreiro Rey, militar galego (n. 1913). 1 de abril - Anton Makarenko, pedagogo soviético. 7 de abril - Eusebio Alonso Vieites, avogado e xornalista galego (n. 1861). 7 de abril - Joseph Lyons, primeiro ministro de Australia (n. 1879). 22 de abril - José Aranguren Roldán, militar galego (n. 1875).

12 de maio - Francisco Javier Elola, xuíz e político galego. 16 de xuño - Adelardo Novo Brocas, xornalista e político galego (n. 1880).

14 de xullo - Alfons Mucha, pintor checo. 26 de agosto - Rodrigo Sanz, político e investigador galego (n. 1872). 4 de setembro - Antonio García Hermida, escritor e xornalista galego. 21 de setembro - Charles Bémont, historiador francés (n. 1848). 23 de setembro - Sigmund Freud, psiquiatra alemán (n. 1856). 26 de setembro - Deogracias Carballo Alonso, carpinteiro e político galego (fusilado). 27 de setembro - José Campos Villar, agrarista e político galego. 12 de outubro - José Benito Pardo Rodríguez, avogado e político lugués (n. 1867). 29 de novembro - Philipp Scheidemann, chanceler alemán (n. 1865). 5 de decembro - Santiago Iglesias, político e sindicalista galego (n. 1872).

23 de decembro - Anthony Fokker, construtor de avións holandés (n. 1890). 31 de decembro - Blanca Calvo Moraza, mestra, xornalista e escritora galega.

Premios Nobel Física: Ernest Lawrence Química: Adolf Butenandt e Leopold Ruzicka Fisioloxía ou Medicina: Gerhard Domagk Literatura: Frans Eemil Sillanpää Paz: Non concedido

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1939