A Clangor foi unha discoteca de Santiago de Compostela. Estaba situada no lugar da Ponte da Rocha, ao suroeste da cidade e bastante afastada do centro urbano. Historia A discoteca foi aberta na década de 1980 e foi dirixida por Fernando Pereira e o seu irmán. Ademais da súa función como sala de festas e de baile, tamén organizaba concertos, como os de Godfathers, Ten Years After ou Loquillo y los Trogloditas.""

O 11 de outubro de 1990 o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive cometeu un atentado con bomba contra a discoteca. Os terroristas alegaban que a sala era un centro de narcotráfico"La ofensiva «guerrilleira» siembra el temor entre los narcotraficantes gallegos", artigo en El País, 13 de outubro de 1990. No atentado morreron tres persoas: unha estudante, Mercedes Domínguez Rodríguez, que estaba na discoteca e os dous terroristas, Xosé Ignacio Villar Regueiro e Dolores Castro Lama. Resultaron feridas 49 persoas"Tres muertos y 49 heridos en una ofensiva del terrorismo gallego dirigida contra los 'narcos'", El País 12 de outubro de 1990, algunhas delas de gravidade. Segundo os terroristas, os explosivos deberían estourar ao remate da noite, cando a discoteca estivese pechada"La policía da por muerto al 'Exército Guerrilheiro' diez años después de su último golpe ", La Voz de Galicia, 11 de novembro de 2000, pero a acción dos altofalantes provocou a súa detonación anticipada.

Cultura Existe un guión cinematográfico sobre a historia que aínda non se formalizou en películaClangor , Axencia Audiovisual Galega.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Atentado da discoteca Clangor Ligazóns externas

Categoría:Salas de concertos Categoría:Historia de Santiago de Compostela Categoría:Santiago de Compostela sen imaxes Categoría:1990 en Galicia