A herba da Pampa ou plumeiro da pampa, ás veces tamén chamada cortadeiraTermos esenciais da botánica. USC Ficha de flora na Universidade de Santiago de Compostela ou carrizo da Pampa,Ficha na páxina web da Xunta (Cortaderia selloana) é unha planta rizomatosa, que forma matas moi altas, endémica dos pastos do sur de Suramérica, nas pampas e na Patagonia.

Descrición Medra en densa mata, que pode acadar 3 m de altura, con raíces profundas e amplas. As follas sempre verdes, longas e estreitas, duns dous metros de longo e até 2 centímetros de largura; con beiras moi afiadas e cortantes, de cor verde azuladas a gris prateadas. Flores en densa panícula branca de 30–90 cm de longo, sobre varas florais de 2–3 m de altura; con espigas de 15–25 mm cada unha, con 4-6 flores. Flores masculinas con 3 estames e un ovario rudimentario; as femininas cun ovario desenvolvido e dous estilos plumosos. Florece de setembro a outubro.

Foi nomeada por Alexander von Humboldt no 1818, e despois polo botánico alemán-brasileiro Friedrich Sellow (1789-1831), que participou en expedicións botánicas no interior do Brasil e estudou a flora de Suramérica.

A herba da Pampa como especie invasora A herba da Pampa está considerada a sétima especie máis daniña da Península IbéricaNova en diario vasco , e en lugares como Galicia, Cantabria, Asturias ou Euskadi xa ten consideración de pragaNova en público.esNova en 'La Voz de Asturias'.

En California ou Hawai a herba da Pampa tamén é unha especie invasora, e polas mesmas razóns en Nova Zelandia e en Suráfrica prohíbese a súa venda e propagación. Acostuma a medrar de xeito doado e ficar como monocultivo en zonas onde houbo movementos de terras. Pola contra cóstalle máis atopar espazo en bosques asentados, onde a súa presenza xeralmente é escasa e a propagación nesas condicións resúltalle difícil.

Posúe unha alta agresividade, tende a facerse dominante onde se establece e a desprazar a vexetación existente. Tamén pode comportarse como unha especie pirófita e favorecer a expansión de incendios forestais. É moi corrente en lugares urbanos, beiras das estradas, desmontes, cultivos abandonados, terreos removidos e outros, e vai ocupando cada vez máis espazos forestais periurbanos, zonas de bosques ou plantacións abertas.

Medidas de control da praga No norte da Península Ibérica as autoridades xa comezaron a tomar medidas para tentar frear a praga e controlar a expansión desta especieNova en Deia . miniatura|200px|Unha plántula, único momento posible para seren arrincadas coa man. miniatura|200px|A herba da Pampa é unha especie moi daniña fóra da súa orixe.

Comezouse a actuar contra o plumeiro da Pampa en zonas protexidas e vías de comunicaciónGuerra ao plumeiro da Pampa (nova en diariovasco.com) .

Aínda que as medidas en Galicia están sendo poucas, algúns colectivos comezaron a tomar medidas de control, por exemplo análises de distribución da plantaAnálise de distribución do plumeiro da Pampa no Baixo Miño .

Medidas mecánicas: As plantas só poden ser arrancadas coa man cando son pequenas, cando son individuos adultos hase empregar maquinaria. En ambos os casos a tarefa non é sinxela, xa que os bordos aserrados das follas poden cortar as mans, e porque a forma lanceolada das mesmas fai que se enreden na maquinaria bloqueándoa. As plantas arrancadas teñen que recollerse, xa que as que se deixen deitadas no terreo poden rebrotar. Medidas químicas: Os herbicidas empregados han conter glifosatos (36 %) diluídos a un 2 %, pulverizando as herba da Pampas con coidado de que non pinguen, para non afectar a especies contiguas. Medidas biolóxicas: Estase a estudar o emprego de cepas agresivas de Fusarium. Medidas culturais/sociais: Pasan pola concienciación social. Para non espallar as sementes, recoméndase non cortar as inflorescencias da planta, especialmente hase evitar o transporte destas dun lugar a outro: é usual ver a persoas portando os penachos por rúas e camiños, algo que favorece o espallado da semente. Tamén hase desbotar o emprego desta planta en xardinería e florarías.

En xeral un control efectivo da praga ha combinar, polo menos, medidas de control mecánicas e químicas. Isto estase a facer nas medianas e beiravías dalgunhas zonas da AP-9.

Cultivo e emprego Foi introducida en Europa e Norteamérica como planta ornamental e, en menor medida, como forraxe. As flores, ao secaren, son moi empregadas en floraría.

Hai varios cultivares: Albolineata — pequeno cultivar que só chega a 2 m de altura. Follas variegadas, con manchas amarelas. Sunningdale Silver — chega a 3 m, con plumaxes florais densas. Esta variedade foi galardoada pola Royal Horticultural Society co Award of Garden Merit.

É moi adaptable e pode medrar nunha ampla gama de ambientes e climas, se ben medra mellor en zonas cálidas e non soporta a xeada. Moi prolífica, cada planta pode producir máis de 1 millón de sementes durante a súa vida.

Emprégase para adornar floreiros, ás veces tinguida doutras cores, para iso córtase cando é nova e sécase boca abaixo. Non empregar no caso de ter alerxia ás gramíneas. Coas súas follas obtense celulosa. É planta medicinal como febrífugo infantil, diurética e sudorífera.

Galería de fotos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Flora do Uruguai Descrición Descrición e imaxe da especie Datos e imaxes da especie USDA National Resources Conservation Service Germplasm Resources Information Network - (GRIN) National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland Blueplanetbiomes.org

Categoría:Cortaderia Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas invasoras Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Plantas descritas en 1900