O Premio Café Dublín é un premio de narrativa breve organizado polo xa desaparecido local homónimo situado na cidade de Vigo. Entregouse entre 1994 e 1999.
Gañadores 1994: Xosé Antón Moreno, por O cable inglés. 1995: Manuel Lourenzo González, por Noites de papel. 1996: Anxo Angueira, por Bágoas de facer illas. 1997: declarado deserto por non se axustar a obra considerada nun principio como vencedora ás regras do certame. 1998: Antón Riveiro Coello, por Animalia. 1999: Xavier Queipo por O ladrón de esperma.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Premio Café Gijón
Café Dublín Categoría:Cultura en Vigo