Jenna Marie Massoli, coñecida como Jenna Jameson, nada en Las Vegas (Nevada) o 9 de abril de 1974, é unha actriz porno e empresaria estadounidense, coñecida como A Raíña do Porno. Foi a fundadora, xunto a Jay Grdina, da produtora especializada en películas porno de alto presuposto Club Jenna.

Protagonizou máis dun centenar de películas. Tamén exerceu como directora nalgunha ocasión, como en Bella Loves Jenna (2003) ou Jenna's Provocateur (2006).

Traxectoria Mocidade Jenna nace en Las Vegas. O seu pai era policía e director de programación da KVBC (unha radio afiliada á NBC) mentres que a súa nai facía de showgirl. O 20 de febreiro de 1976 a nai de Jenna faleceu por mor dun cancro de pel, cando ela apenas contaba con dous anos. O tratamento médico contra o cancro pon en serios apuros económicos á familia obrigándoos a mudarse con frecuencia e a viviren ata nunha caravana.. Na súa mocidade participou en numerosos concursos de beleza e recibiu clases de ballet.

En 1990, e segundo conta a actriz na súa autobiografía, foi vítima dunha violación, en Montana, por catro mozos tras un partido de fútbol americano. Jenna relatou tamén unha nova violación pouco despois, acusando nesta ocasión a Preacher, o tío do seu noivo da época. Como consecuencia do ocorrido, a actriz fuxiu co seu noivo. Este, que exercía como tatuador, realízalle as súas primeiras tatuaxes. Entre elas atópase o característico dobre corazón que loce na nádega dereita. Posteriormente, engadiríase a inscrición Heart Breaker (rompecorazóns) no interior.

Os seus primeiros traballos Jenna Massoli tratou de seguir os pasos da súa nai, e para iso decidiu buscar traballo como showgirl en Las Vegas. Porén, foi rexeitada da maioría dos espectáculos por non alcanzar o talle mínimo requirido (175 cm)."Jenna Jameson:Born for Porn" Finalmente conseguiu traballo no Vega World Casino pero acabou renunciando ao mesmo, dous meses despois, por mor duns horarios demasiado esixentes e un soldo baixo.

Neste momento, foi cando o seu noivo a animou a procurar traballo como stripper, malia ser menor de idade. Por iso, viuse obrigada a falsificar os seus papeis para poder ser contratada"How a Young Adult Star Turned Porn into Profit and Prominence". Foi despedida do Crazy Horse Too, outro casino de Las Vegas por levar aparato dental, o que levou a que o quitase ela mesma, utilizando unhas pinzas. Sen el, Jenna foi readmitida. En pouco máis de seis meses traballando, e sen rematar o instituto, xa gañaba máis de 2.000 dólares por noite.

No seu traballo como stripper, Jenna empezou a utilizar o pseudónimo de Jennasis, que iría transformando co tempo ata converterse en Jennasis Entertainment. Nos seus traballos como modelo, porén, prefería usar o nome co que posteriormente acadaría a fama: Jenna Jameson. O apelido Jameson provén dunha das súas bebidas favoritas: o whisky Jameson.

En 1991 realizou as súas primeiras fotografías totalmente espida, realizadas por Suze Randall. Jenna recibiu 300 dólares polas fotos crendo que serían publicadas na revista Penthouse. Con todo non foi así, e acabaron sendo vendidas a outras publicacións masculinas, o que levou a sentirse enganada e concluíndo a relación coa afamada fotógrafa.

Durante os seus días de stripper en Las Vegas entrou en contacto coas drogas e converteuse en consumidora habitual de LSD e máis metanfetamina. O seu estado de saúde sufriu unha deterioración progresiva que empeorou cando decidiu deixar de comer. A súa extrema delgadeza, (chegou a pesar 35 quilos), impediulle seguir traballando coma modelo e supuxo o remate da relación co seu mozo. Jenna acabou nunha cadeira de rodas e regresou co seu pai, que residía en California. Finalmente, este acabou por ingresala nun programa de desintoxicación para tratar de superar a súa adicción.

Carreira coma actriz porno Comezos (1993-1994) miniatura|dereita|Jenna Jameson, (2007).

Recuperada dos seus problemas de saúde, Jenna, decidiu iniciar a súa carreira coma actriz porno co propósito de se vingar do seu ex mozo. Así, en 1993 debutou por primeira vez perante as cámaras nun filme erótico que rodou baixo a dirección de Andrew Blake no que coincidiu con Nikki Tyler, actriz coa que mantería unha breve relación sentimental. O seu debut, nun filme X, fíxoo da man do director Randy West. Xa en 1994 apareceu en Up and Cummers 10 e Up and Cummers 11. Ese mesmo ano, Jenna pasou varias veces polo quirófano para aumentar o peito e retocar o queixelo. Deste xeito buscaba lanzar definitivamente a súa carreira.

Tivo que esperar varios filmes máis para que a actriz realizase a súa primeira escena heterosexual (até agora só realizara escenas lésbicas) en Cherry Pie (1994). Desde un primeiro momento, deixou claro que endexamais practicaría o sexo anal ou realizaría unha dobre penetración perante as cámaras. Tampouco rodou nunca escenas interraciais con homes.

A finais de 1994 Jenna mudouse aos Ánxeles para vivir con Nikki Tyler e retomou o seu traballo como modelo.

Wicked Pictures (1995-2000) En 1995, asinou un contrato exclusivo coa produtora de filmes pornográficos Wicked Pictures, unha produtora pequeneira que debeu gran parte do seu crecemento á atinada fichaxe de Jenna. A multipremiada Blue movie (1995) supuxo a estrea da actriz coa súa nova produtora. Conquest (1996), Flashpoint (1997), Satyr (1997), ou Dream Quest (2000) son algúns dos títulos máis relevantes rodados pola actriz durante esa etapa. En varias delas foi dirixida por Brad Armstrong co que casou en 1996.

Club Jenna & Vivid (2000-Actualidade) No 2000, Jenna Jameson e o seu novo mozo (Jay Grdina, máis coñecido coma Justin Sterling na industria do cinema X) crearon ClubJenna.com. O portal ofrecía inicialmente fotos e vídeos, consellos para a vida en parella e até a posibilidade de adquirir accións da empresa recentemente creada. Axiña o sitio ampliouse con contido que non se refiría unicamente á actriz. Dende este momento, a actriz só traballou para a súa propia produtora e de raro en raro para Vivid que era a encargada de distribuír os filmes da empresa acabada de crear.

En 2001, iniciou a produción de filmes porno so o selo ClubJenna. Jameson participou nalgún deses filmes coma actriz ben en escenas lésbicas, ben actuando co seu mozo. O primeiro filme producido foi Jenna loves Brianna (2001), unha coprodución con Vivid. Foi rodada en doce días e foi todo un éxito en venda Partindo dun custo inicial de 28.000 dólares atinxiu xerar máis dun millón de dólares de beneficio nun ano, converténdose no filme máis alugado do 2001 e levouse dous premios AVN."Just Jenna Jameson" Outros títulos destacábeis foron: Bella Loves Jenna (2003), New Devil In Miss Jones (2004) ou The Masseuse (2004).

Progresivamente, a actriz foi perdendo protagonismo nos filmes da produtora a prol doutras actrices contratadas en exclusividade pola mesma, coma: Krystal Steal, Jesse Capelli, McKenzie Lee, Ashton Moore ou Sophia Rossi.

En 2005, a actriz produciu e dirixiu o seu primeiro filme "The Provocateur" que tivo a súa estrea so o nome Jenna's Provocateur setembro de 2006. Nese mesmo ano, o capital da empresa acadou os 30 millóns de dólares e os seus beneficios estaban próximos aos 15 millóns de dólares. A empresa posuía un panel publicitario de máis de 15 metros de alto sito en Times Square no que se anunciaban todas as novidades da produtora. ClubJenna ofrecía tamén, unha liña de xoguetes sexuais e videoxogos onde a actriz era a protagonista e cuxo obxectivo era que unha Jenna en 3D chegase ao orgasmo. Alén disto, administraba máis de 150 páxinas oficiais de estrelas do porno."Club Jenna, company overview" Outra área de negocio foi a representada por Club Thrust, un sitio web interactivo destinado aos fans gais da actriz.

En agosto de 2006, adquiriu Babes Cabaret, un local de striptease de Scottsdale (Arizona). Porén, pouco despois da adquisición as autoridades locais pensaron en prohibir o espido nos locais para adultos e prohibiren ás bailarinas achegárense a menos de 120 cm dos espectadores. Esta medida faría imposíbel o lap dance, principal fonte de ingresos das bailarinas e Jenna combateu con forza a medida. O 12 de setembro de 2006, un referendo favorábel á postura defendida pola actriz rematou co debate.

Nesa mesma liña creouse o Vivid Club Jenna Super Bowl Party onde varias actrices so contrato con ClubJenna e con Vivid realizaban desfiles de lenzaría no "Zoo Club" un local de Detroit.

O 22 de xuño de 2006, Playboy Enterprises Inc., a produtora da revista Playboy, anunciou a compra de Club Jenna Inc. Iso permitiu á produtora diversificar os produtos e servizos ofrecidos. Un deles foi Playboy TV onde a actriz púxose ao mando de Jenna's American Sex Star, un programa onde se procuraban novos talentos para a industria.

Retirada do porno O 1 de agosto de 2007, Jenna someteuse a unha operación de redución de peito, pasando de empregar un talle 110 (34DD), que mantivera durante a maior parte da súa carreira, a un talle 95 (34C). Tatuou ambas as dúas omoplatas coa frase !non teño medo, nacín para facer isto -Xoana De Arco" e anunciou a súa retirada do porno, afirmando que endexamais volverá actuar en ningún filme porno e que o facía polos sues fillos.

O 14 de xaneiro de 2008, Jenna confirmou as súas palabras na entrega do Jenna Jameson Crossover Star Of The Year (premio do ano á estrela porno que máis presenza tivese nos medios de comunicación convencionais) na gala dos Premios AVN. Durante o seu discurso aseverou, "nunca xamais, xamais, xamais volverei abrirme de pernas para esta industria, endexamais", recibindo enormes apupos e rexeitamento por parte do público e dos asistentes á gala.

Malia isto, non se puido considerar por concluída a carreira de Jenna Jameson xa que aínda existen filmes por teren a súa estrea con Jenna coma actriz neles. Mostra disto son recentes estreas coma Jenna Loves Diamonds (rodada en 2002 e estreada en 2008) ou Burn (rodada en 2004Burn e estreada en 2008).miniatura|150px|Jenna Jameson.

Autobiografía En 2004, Jenna lanzou ao mercado a súa autobiografía, titulada How to Make Love Like a Porn Star (Como Facer O Amor Igual Que Unha Estrela Do Porno) que se publicou o 17 de agosto de 2004 nos Estados Unidos e, na portada, aparecía disfrazada de Marilyn Monroe. Neil Strauss foi coautor da mesma e foi publicada por ReganBooks. Converteuse, case deseguida, nun best-séller.

En canto ao seu contido, o libro non omitía ningún detalle da vida da actriz: describía as dúas violacións sufridas, os seus problemas coas drogas, o seu primeiro matrimonio infrutuoso e as súas numerosas relacións sentimentais tanto con homes como con mulleres. A narración realizada en primeira persoa, estaba salpicada por fotos persoais, extractos de diarios íntimos, entrevistas a familiares, guións de filmes e imaxes de cómic.

En xaneiro de 2007, fixo pública a súa vontade de levar ao cinema a súa autobiografía e citou a actriz Scarlett Johansson coma unha das persoas que mellor podería interpretar o papel principal do filme.

Relacións persoais upright|miniatura|Jenna e o seu actual marido Jay Grdina, tamén actor porno máis coñecido na industria como Justin Sterling, no XBIZ Award, en novembro de 2005.

Na súa autobiografía, a actriz mencionaba que se deitara con máis de cen mulleres e unha trintena de homes fóra do seu traballo."Jenna Jameson: 'I chose the right profession' Como se dixo, a súa relación coa tamén actriz porno Nikki Tyler foi unha delas. Entre as súas parellas heterosexuais, citaba no seu libro a Marilyn Manson ou a Tommy Lee.

Jenna Jameson casou por primeira vez o 20 de decembro de 1996 co actor e director porno Brad Armstrong. Aínda que se divorciaron en 2001, en realidade, apenas conviviron durante unhas dez semanas.