José Benito Pardo Rodríguez, coñecido popularmente como Pepe Benito, nado en Balmonte (Castro de Rei) en 1867 e finado no mesmo lugar o 12 de outubro de 1939, foi un avogado e político lugués, prototipo de cacique da Restauración.
Traxectoria Pardo Rodríguez naceu dentro dunha familia de notoria fidalguía. Era fillo de José Benito Pardo Balmonte e de María Rodríguez Rodríguez. Fixo o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Monforte. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, lugar onde fixo amizade con Carlos Pardo Pallín (o personaxe "Samoeiro" de La Casa de la Troya), máis tarde cuñado seu, con Alejandro Pérez Lugín e máis con Luis Recasens Siches.
Comezou a súa vida profesional como avogado civilista en Lugo. Entrou por influencia do seu tío Pegerto Pardo Balmonte no Partido Liberal, alcanzando a presidencia da Deputación Provincial lucense en 1899, cargo que ostentaría até catro veces en distintos períodos. O seu rival político ao longo do primeiro terzo do século XX sería o conservador Ángel López Pérez.
Durante a Segunda República apoiaría para unha segunda volta, ante a anulación das eleccións do 12 de abril de 1931, unha candidatura apañada conxuntamente co gobernador civil, co obxectivo de anular a López Pérez. Esta candidatura resultaría elixida, non sen grande escándalo nas Cortes. Volvéronse repetir, mais pouco variaronX.R. Barreiro Fernández, O devalar da Restauración: a Ditadura e o tránsito á República, in Gran Historia de Galicia, t. XI. A Coruña. 2007, páx. 213. Logo achegouse á CEDA, dando apoio á candidatura do seu fillo, José Benito Pardo Pardo, nas eleccións xerais españolas de febreiro de 1936, que sairía elixido deputado. No período da Guerra Civil española mantívose á marxe, aínda que con frecuencia se lle pediu consello xurídico. Faleceu pouco despois de acabar a guerra.
Recoñecementos
Gran Cruz do Mérito Militar concedida por Afonso XIII. Referencias literarias Polo seu poder caciquil e influencia xurídica, Pepe Benito tiña gran sona na provincia de Lugo. Aparece citado nas obras de Cunqueiro e Fole, pero sempre de pasada, sen retrato literario máis extenso do que unhas breves liñas como apoio de referencia de época.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Biografía por Juan Soto
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Políticos do Partido Liberal (España) Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela