Ramón María Tenreiro Rodríguez, nado na Coruña en 1879 e finado en Bine (Suíza) en xaneiro de 1939, foi un escritor e un político galego. Era irmán do arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez. Traxectoria Ramón Tenreiro estudou no Instituto Eusebio da Guarda na Coruña e logo en París, onde foi compañeiro de Picasso. De natureza enfermiza, aínda novo foille amputada unha perna. Licenciouse en Dereito. En 1908 quedou segundo no concurso de novelas breves de "El Cuento Semanal" con Embrujamiento. Foi crítico literario en La Lectura e colaborou en El Sol.
Amigo persoal de Manuel Azaña, foi militante de ORGA primeiramente e máis tarde seríao de Izquierda Republicana. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Cando estalou a guerra civil española foi nomeado secretario da embaixada española de Berna (Suíza). Faleceu en Bine, nas beiras do lago Neuchâtel, a mediados de xaneiro de 1939.
Escribiu narracións en lingua castelá e traduciu do alemán algunhas obras. Algunhas das súas narracións foron vertidas a outros idiomas. Así mesmo colaborou en diversas revistas e xornais.
Obra Autoría propia (selección) La agonía de Madrid o la cola del cometa (1910) La promesa (1926) La esclava del Señor (1927) La ley del pecado (1930)
Traducións (selección) El túnel de Bernhardt Kellerman El mundo que nace de H. G. von Keyserling María Estuardo de Stefan Zweig Las afinidades electivas de Johann Wolfgang von Goethe
Adaptacións El conde Lucanor, de Don Juan Manuel (1932) Libros de caballerías (Amadís de Gaula, Palmerín de Inglaterra) (1935)
Véxase tamén Bibliografía
Enciclopedia Espasa, Espasa-Calpe, 1928 .
Gran Enciclopedia Gallega, tomo 29. 1980
Ligazóns externas
Obras de Ramón María Tenreiro Ficha do Congreso dos Deputados
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público