ElxElx é a forma correcta en galego segundo o VOLGa ou Elxe (en valenciano: Elx, en castelán: Elche, as dúas denominacións oficiais) é unha cidade e concello do País Valenciano pertencente á provincia de Alacant. Situada ás beiras do río Vinalopó, é cabeceira da comarca do Baix Vinalopó.
A súa poboación alcanza os 228.348 habitantes (INE 2008), sendo o terceiro concello valenciano en poboación, tras Valencia e Alacant. A área metropolitana de Alacant-Elx, que agrupa a Elx coa conurbanización de Alacant e coas localidades próximas de Santa Pola e Crevillent, é a oitava máis poboada do estado, cuns 735.000 habitantes.
Historia e características No século V a. C. foi fundada a cidade ibera de Ilici. Coa chegada dos romanos, desenvolveuse un proceso de formación dunha colonia poboada con veteranos das Guerras Cántabras, que pasaría a chamarse colonia Iulia Illici Augusta, en torno ao ano 26 a. C. Baixo o dominio musulmán na Idade Media, a cidade estableceuse na súa localización actual. Por mor da conquista cristiá, ao redor do ano 1250, a cidade pasou á Coroa de Castela. No ano 1265 os musulmáns foron expulsados da cidade tras unha rebelión e, en 1305, Elx foi cedida ao Reino de Valencia. Durante o reinado de Amadeu I en 1871, o monarca outorgoulle o título de Cidade, tras unha visita á vila. Durante os anos 60 e 70 do século XX, a cidade experimentou un forte aumento de poboación ligado á industrialización, que convertería a Elx nun dos principais produtores de calzado de Europa.
O Palmeiral de Elx, xunto coa representación sacra do Misterio de Elx, foron declarados pola UNESCO Patrimonio da Humanidade e Obra Mestra do Patrimonio Oral e Intanxíbel da Humanidade respectivamente. Estes símbolos de identidade ilicitanos son uns dos principais atractivos turísticos desta cidade de tradición industrial.
Xeografía miniatura|290px|dereita|Elx, un oasis entre palmeiras. miniatura|dereita|290px|Panorámica de El Fondo, Espazo Natural Protexido nos termos de Elx e Crevillent. miniatura|Praia de La Marina. miniatura|290px|Climograma de Elx. miniatura|Pazo de Altamira. A cidade de Elx sitúase na costa mediterránea da provincia de Alacant, a 23 km ao suroeste da cidade de Alacant e a 179 km ao sur de Valencia. Ten unha extensión de 326,07 km² e atópase a unha altura media de 86 metros sobre o nivel do mar.
Elx limita cos outros dous municipios que forman parte da comarca do Baix Vinalopó, Crevillent e Santa Pola. Ao norte, o termo municipal limita con Asp e Monforte del Cid do Vinalopó Mitjà, e coa cidade de Alacant (na comarca do Alacantí). Ao sur atópase Dolors, Sant Fulgenci e Guardamar del Segura do Baix Segura.
Noroeste: Asp Norte: Monforte del Cid Nordés: Alacant Oeste: Crevillent 75px Leste: Santa Pola Suroeste Dolors Sur: Sant Fulgenci Sueste: Guardamar del Segura
Relevo Elx aséntase nunha chaira cruzada polas serras do Molar, Tabaià e Castellar, últimos contrafortes do sistema bético que configuran as variadas paisaxes do termo municipal onde a palmeira é un elemento constante e característico. A cidade é atravesada polo río Vinalopó, de escaso caudal, pero cunha conca que chega a alcanzar os 100 metros, a cal divide Elx de norte a sur.
O máis representativo da paisaxe ilicitana é sen dúbida o conxunto de hortos que recibe o nome do Palmeiral e que cobre unha gran parte da cidade e o seu campo. Destaca o xardín botánico do Hort del Cura, coa palmeira Imperial no centro da cidade. No termo municipal pódese gozar de paraxes de importante valor ecolóxico, como son o Parque Natural de El Hondo, que comparte con Crevillent, e a Paraxe Natural Municipal do Clot de Galvany, que conteñen unha flora e fauna de gran relevancia. Cabe sinalar tamén o Encoro de Elx, declarado Ben de Interese Cultural, que construído no ano 1632, reúne as augas do río Vinalopó que cruzan o municipio.
Litoral O litoral ilicitano ten unha extensión de 12 km, dos cales 9 km son praias formadas por dunas e piñeirais nunha característica paisaxe mediterránea. Na zona norte atópanse as extensas dunas das praias de l'Altet e o Fondet da Senieta que se prolongan até os Arenales del Sol, centro turístico cunha ampla oferta de servizos. A continuación ábrense as praias das Dunas, o Carabasí (praia nudista) e L'Escull, ao pé da serra de Santa Pola. Ao sur do termo atópase o Pinet, a Marina e Lles Pesqueres, praias de augas transparentes e area fina rodeadas de piñeirais. Arenales del Sol, El Altet, El Carabassi, La Marina e Les Pesqueres-El Rebollo contan (2019) con bandeira azul.
Clima O clima é mediterráneo árido cunhas temperaturas medias que oscilan entre os 6 °C de xaneiro e os 26 °C de xullo, alcanzándose todos os veráns máximas de 35 °C nos días máis cálidos debido principalmente aos ventos de poñente. As choivas son escasas, ao redor de 250 mm ao ano. Pódense dar choivas torrenciais provocadas pola acumulación de calor nas capas de nubes e a chegada de masas de aire frío polar, sobre todo en outono.
Topónimo O primeiro nome do que se ten constancia documentada é Illici en latín clásico (pronunciado Il.liki ou Iliki), nunha inscrición achada en Italia onde, facendo referencia a unha persoa orixinaria de Elx, aparece Illici. Todo apunta a que este puidese derivar do nome que os iberos daban ao seu poboado antes da chegada dos romanos. Constan documentos co nome de Helike en grego realizados polos historiadores clásicos Diodoro e Tolomeo.
Foi baixo a dominación visigoda cando o nome de Illici comeza a adoptar formas diversas con aparición do E en substitución do I como son Elici, Elice ou Elece. Na división de Al-Andalus, levada a cabo por Yusuf al-Fihrí aparece ﺍﻟﺶ (pronunciado Elsh), como o nome árabe de Elx no século VIII. A finais do século XIII e baixo o dominio castelán do Reino de Murcia é cando aparece a denominación de Elche. A partir de 1305, xa na Coroa de Aragón, a cidade pasa a ser denominada en valenciano antigo cos nomes de Elch, Eltx ou Elx. Dende mediados do século XV, Elig converteríase na ortografía habitual da cidade en valenciano, ata que caese en desuso tras a promulgación dos Decretos de Nueva Planta no ano 1707, polos cales se institucionalizaba a forma castelá, Elche, na documentación oficial do Reino. Tralas Normas de Castelló (1932) existiu unha certa controversia sobre se o nome en valenciano debía ser escrito como Elx ou como Elig, no entanto foi o Concello quen acabou optando pola primeira grafía.
Demografía Entidades depoboaciónHabitantes(2007)INE - Relación de unidades poboacionaisMatola1680Algoda780Algorós626Altabix2.663Atzavares1.358L'Altet4.531Els Arenals del Sol1.254Asprella435Les Baies2.164Carrús1.299Daimes1.266El Derramador448Elx185.807La Foia de Elx2.316Jubalcoi1.124Maitino881La Marina2.109La Perleta1.164Pla de Sant Josep2.021Puçol367La Torre del Pla6.369Vallverda1.672
Poboación En 2008 o municipio de Elx tiña 228.348 habitantes, segundo cifras oficiais do INE. O 83,5 % da súa poboación vivía na cidade de Elx e o resto nas numerosas partidas rurais e pedanías coas que conta o municipio. A distribución da poboación por núcleos indícase na táboa da dereita.
Evolución demográfica En 1900 Elx tiña 27.308 habitantes e era a cuarta cidade da provincia de Alacant por detrás de Alacant, Alcoi e Orihuela. Até 1940 creceu ao mesmo ritmo que Alcoi e Orihuela pero a partir desta data despuntou coa industrialización e recibiu moitos inmigrantes, polo que pasou de 46.596 en 1940 a 73.320 en 1960 e 162.873 en 1981. Elx non deixou de medrar nos últimos anos aínda que máis lentamente debido ao descenso da natalidade e pasou de 188.062 en 1991 a 194.767 en 2001 e 228.348 en 2008. Nos últimos anos o crecemento demográfico reforzouse pola chegada de inmigrantes iberoamericanos e magrebís.
miniatura|centro|300px|Evolución demográfica de Elx (1900-2007). Evolución demográfica do municipio de ElxFonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842, Series de poboación dos municipios dende 1996. O censo dende 1997 refírese a data 1 de xaneiro. Os datos de 1787 proveñen do censo de Floridablanca, citados por Bernat i Martí e Badenes Martín en Medre da poboación valenciana. Análise e prevención dos censos demográficos (1609-1857). Edicións Alfons el Magnànim. Valencia, 1994.1787 1857 18771887 19001910 1920 1930 1940 17.554 19.533 19.636 23.847 27.308 30.511 33.167 38.013 46.5961950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2006 2008 55.877 73.320 122.663 162.873 187.596 191.660 198.190219.032228.348
Área metropolitana A área metropolitana de Alacant - Elx ten 760.431 habitantes (2007), sendo a oitava área metropolitana do Estado por poboación.Conurbaciones en 2006 segundo o proxecto AUDES5 Trátase dunha área metropolitana bipolar entre as áreas urbanas de Alacant (446.994) e Elx-Crevillent (313.437).Datos de áreas urbanas en 2006 segundo o proxecto AUDES5 Segundo o proxecto AUDES5 a área metropolitana de Alacant-Elx está formada por 16 municipios.
Inmigración PosiciónNacionalidadePoboación1ª3.9552ª3.5893ª2.7584ª2.7235ª1.2226ª1.1487ª8478ª7879ª596
A poboación estranxeira en Elx sufriu un incremento de máis do 83% en tan só seis anos, pasando de 4.241 en 2001 a 25.334 a comezos de 2007, o que representa un 11,4% da poboación total.Fonte: Poboación estranxeira: Poboación estranxeira de Elx. INE. Os residentes estranxeiros máis numerosos son os marroquís (16,41% do total de estranxeiros censados), os romaneses (15,28% do total de estranxeiros censados), os ecuatorianos (10,87%), e os colombianos (10,28%).Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Por continentes de orixe, o 35,98% dos estranxeiros censados en Elx proviñan de Iberoamérica e o 35,06% doutras partes do continente europeo.
Lingua Segundo o último censo lingüístico da Generalitat Valenciana, do 2001, Elx cidade tiña no 2001 un 40% de valenciano-parlantes (nos barrios tradicionais e nos primeiros ensanches entre un 50% e un 65% afirman saber falar valenciano mentres que a lingua é moi minoritaria nos barrios de alta inmigración coma Carrús, os Palmerars ou Sant Antoni). No Camp d'Elx o valenciano é claramente maioritario e se achega a máis do 80% de falantes nas vilas ao sur da cidade, algunhas moi poboadas: a Baia, Asprella, a Foia, Matola etc. onde a fidelidade lingüística interna é moi alta.
Economía miniatura|300px|A Institución Ferial Alicantina (IFA), está situada ao nordés do núcleo urbano de Elx e ao sur da cidade de Alacant, cerca do aeroporto de Alacant. Ten dous pavillóns de usos múltiples de 26.500 m² e con 5.000 prazas de aparcadoiro. Na actualidade atópase fase de ampliación, cun pazo multifuncional proxectado de capacidade para 8.500 persoas acondicionado para albergar todo tipo de eventos, dende concertos, obras teatrais e eventos deportivos até o seu uso para exposición da mesma Feira. Ademais, o recinto disporá dun centro de convencións de 21.200 m². miniatura|Dama de Elx.
Sector primario A agricultura, que perdeu peso ultimamente, continúa sendo un sector importante que nos últimos anos oriéntase cara a produtos de uso non alimentario, por exemplo viveiros. Ao redor da cidade esténdense trinta partidas rurais poboadas de vivendas de labor e recreo. Nesta zona agrícola, denominada o Camp d'Elx, cultívanse granadas, figos, dátiles, cítricos, améndoas, algodón e diversas hortalizas.
Sector secundario