Walia, Wallia ou Valia, finado no ano 418, foi un rei dos visigodos entre os anos 415 e 418. Sucedeu a Ataúlfo trala morte deste en 415 e a morte de Sixerico asasinado a mans dos seus seguidores. Asinou con Roma un tratado (foedus) co que se comprometía a expulsar da Península Ibérica aos pobos bárbaros que penetraran dende o ano 409.

Sucedeuno o xenro de Alarico I, Teodorico I.

Véxase tamén

Outros artigos

Reino visigodo Lista dos reis visigodos Moeda visigoda

Categoría:Reis visigodos Categoría:Finados en 418 Categoría:Dinastía Baltinga