San Xiao de Pradomao é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE, en 2023 tiña 24 habitantes (14 homes e 10 mulleres).
Pola estrada máis curta desde Ourense a Pradomao, a distancia é de 41 km e a duración aproximada da viaxe é de 52 min.
Demografía
Patrimonio Encoro da Hdrada miniatura|Vista sur do encoro da Hedrada O encoro da Hedrada está situado na conca do río Mao. A súa construción comezou no ano 1975 e rematou en 1978, completando a rede de encoros.
A súa presa de gravidade ten unha altura de cimentación de 37 metros e unha lonxitude total de coroación de 345 metros que inundan 42,5 km2 de val que comprende os municipios de Montederramo e Parada de Sil. A súa capacidade é de 10,49 hectómetros cúbicos. Para a construción do encoro requiríronse 43000 metros cúbicos de formigón.
É unha presa reguladora que capta as augas de varios regatos como o Hedrada, Reconco, Rodicio e algún outro arroio.
Moi preto está o encoro de Leboreiro e río abaixo a pequena presa de Ivil.
A auga embalsada, a día 15 de abril de 2019, son 6 hectómetros cúbicos, o que supón un 52.86% da súa capacidade.
A mesma presa creouse para o paso de vehículos dun banco a outro e atópase na zona de Pradomao onde hai unha praia fluvial.
Área recreativa de Pradomao esquerda|miniatura|Àrea recreativa de Pradomao miniatura|Senda Romana de Pradomao Aquí atópase a praia fluvial de Pradomao, no río Mao (afluente do Sil) no concello de Parada do Sil, na Ribeira Sacra.
Está situada á beira do encoro da Hdrada, moi preto da aldea que leva o mesmo nome, e a catro quilómetros da aldea de Pradomao. A zona foi acondicionada para recibir bañistas. Está situada a 40 km da capital da provincia e para acceder a ela débese seguir a estrada OU-0604.
Orientada cara ao sur, ten area branca e espazos para refrescarse á sombra. Esta praia é un lugar utilizado para comer, merendar e descansar.
Tamén é posible bañarse, xa que a temperatura da auga é moi agradable. Conta ademais cunha zona recreativa para que as familias poidan ir alí comer e pasar o día.
Tamén hai espazos e rutas para camiñar. Pódese percorrer un camiño duns 4 quilómetros que pasa por Pradomao e pola súa calzada romana e chega á vila da Hedrada.
Para chegar alí é necesario tomar a estrada que parte de Vilariño Frío ao Salto do Mao onde, ao pasar polo pantano, á esquerda, hai un sinal que indica o acceso á área de lecer. Un sendeiro conecta directamente coa área e dirixe a unha ampla zona onde poder aparcar.
Lugares e parroquias Lugares de Pradomao
Parroquias de Parada de Sil
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Parada de Sil
Categoría:Parroquias de Parada de Sil Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xiao