A Song for XX é o álbum debut da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, producido por Max Matsuura e lanzado o 1 de xaneiro de 1999 baixo o selo avex trax.
Información
Tódalas letras do álbum foron escritas pola mesma Ayumi, o que tamén comezou pouco a pouco a quitar o estigma que algúns medios lle deran con respecto as súas habilidades como artista e intérprete. Case todas elas reflectían unha rapaza bastante asustada co mundo que comezaba a coñecer, e do medo ó fracaso, que xa coñecera cos seus anteriores lanzamentos, e tamén fala da soidade e de non poder expresar os seus sentimentos como ela quere, reflectindo unha inseguridade bastante marcada. Moitos dos que escoitaron o álbum, principalmente fanáticos, cualifícano como un dos mellores no tocante ás letras.
Aínda que o título orixinal tanto do álbum coma da canción é "A Song for XX", os "XX" non se pronuncian, xa que a letra X úsase constantemente no Xapón para referirse a unha información incompleta, o neste caso, ausente. O seu similar en galego sería "A Song for __", como un espazo coa incógnita de para quen vai dirixida realmente a canción.
Lista de temas
# Título Duración 1. Prologue 1:25 2. A Song for XX 4:44 3. Hana 4:07 4. Friend 4:11 5. Friend II 3:59 6. Poker Face 4:41 7. Wishing 4:29 8. You 4:46 9. As if... 5:36 10. Powder Snow 5:27 11. Trust 4:48 12. Depend on you 4:20 13. Signal 4:25 14. From your letter 4:38 15. For My Dear... 4:32 16. Present 4:30
Posición nas listas
LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas1 de xaneiro, 1999Oricon Daily Singles Chart#11 de xaneiro, 1999Oricon Weekly Singles Chart#1548,2101,451,910631 de xaneiro, 1999Oricon Yearly Albums Chart#15
Singles
LanzamentoTítuloMáxima posiciónSemanas8 de abril, 1998Poker Face#20610 de xuño, 1998You#19105 de agosto, 1998Trust#9107 de outubro, 1998For My Dear...#979 de decembro, 1998Depend on you#69
Categoría:Álbums de Ayumi Hamasaki Categoría:Álbums musicais de 1999