San Martiño de Alongos é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 319 habitantes (177 homes e 142 mulleres), un menos ca en 2000. Ten dez entidades de poboación.
Patrimonio A casa de Saco, situada no lugar do Outeiro, é a casa natal de Juan Antonio Saco y Arce. De gran tamaño, ten a estrutura propia das casas señoriais. Tiña capela propia, portalón blasonado cun escudo partido con cimera volta á destra, coas armas dos Feijoo e dos Martínez. A casa foi construída no século XVIII por Roque Martínez, abade de Santa María de Larouco e a súa anexa Santa María de Seadur. Muros de cadeirado de peche decorados con ameas.
A Casa da Corredoira ten escudos acuartelados con armas dos Enríquez, Puga e Pereira. En 1701 eran donos desta casa Silvestre Novoa Puga e a súa esposa Isabel de Cárdenas.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Alongos
Parroquias de Toén
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Toén
Categoría:Parroquias de Toén Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño