LOVEppears, unha abreviación das palabras en inglés Love Appears (literalmente "O amor aparece"), é o título do segundo álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, producido por Max Matsuura e lanzado o 11 de novembro de 1999. Este álbum quizais sexa o máis exitoso da carreira de Ayumi, sendo tódolos seus singles verdadeiros éxitos e con mellores vendas dentro do Xapón, e o álbum que sen dúbida a catapultou ó éxito incluso chegando a promoverse algunhas cancións en países tan impensados como os Estados Unidos. Dentro deste álbum están presentes o seu primeiro maxi, o seu primeiro número un no seu país, á parte do sinxelo máis vendido en toda a carreira da artista, titulado "A", un sinxelo de catro caras A (sendo tamén titulado como o sinxelo con máis cancións na historia do Xapón, xa que contiña 14 cancións). Outro punto é que este álbum é o primeiro da cantante que contén unha canción oculta ó final da última canción, "Kanariya", canción que incluso se converteu nun dos singles do álbum debido o incrible éxito, que obrigou a lanzar aínda máis singles cando supostamente terminara a promoción do álbum. O álbum contén versión rearranxadas e melloradas das cancións que foron lanzadas dentro do ano 1999 como singles, máis un CD de bonus que contiña algunhas cancións do seu álbum debut máis algunhas remesturas.

Lista de temas

CD 1

# Título 1. Introduction 2. Fly high 3. Trauma 4. And Then 5. Immature (Álbum Version) 6. Boys & Girls 7. To Be 8. End roll 9. P.S II 10. Whatever (Dub's 1999 Remix) 11. Too late 12. Appears 13. Monochrome 14. Interlude 15. LOVE~refrain~ 16. Who... 17. Kanariya (pista oculta)

CD 2

# Título 1. ayu's EURO MEGA-MIX "Y&Co. Mix" 2. ayu's HOUSE MEGA-MIX "N.S House Mix" 3. A Song for XX "MILLENNIUM MIX" from 1st Álbum 4. Powder Snow "Acoustic Orchestra Version" from ayu-mi-x 5. Friend II "MAKE MY MAD MIX" from ayu-mi-x

Posición nas listas

LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas11 de novembro de 1999Oricon Daily Singles Chart#111 de novembro de 1999Oricon Weekly Singles Chart#11,201,8792,562,1306411 de novembro de 1999Oricon Yearly Albums Chart#15 (1999); #14 (2000)

Vendas totais: 2,562,130 (Xapón) Vendas totais: 3,500,000 (Asia)

Singles

LanzamentoTítuloMáxima posiciónSemanasVendas10 de febreiro de 1999Whatever#59189,61014 de abril de 1999Love ~Destiny~#126650,79012 de maio de 1999To Be#415324,50014 de xullo de 1999Boys & Girls#1171,037,95011 de agosto de 1999A#1181,670,00010 de novembro de 1999Appears (300,000 copias limitadas)#23290,5508 de decembro de 1999Kanariya (300,000 copias limitadas)#16289,2009 de febreiro de 2000Fly High (300,000 copias limitadas)#34299,540

Vendas acumuladas dos singles: 4,723,940 Vendas acumuladas dos singles e o álbum: 7,286,070

Categoría:Álbums de Ayumi Hamasaki Categoría:Álbums musicais de 1999