San Lourenzo de Siabal é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE, en 2022 tiña 242 habitantes (112 homes e 130 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación.
Patrimonio arquitectónico A igrexa de San Lourenzo é un templo barroco do século XVIII, cunha torre de campás na traseira da fachada. Está construída sobre unha igrexa anterior de arquitectura románica. Está dedicada a San Lourenzo,e a festa celébrase o 10 de agosto.
Na Vacariza está a capela de San Paulo. A festa celébrase o 6 de xaneiro.
A capela de Siabal está dedicada á Virxe dos Remedios, e a súa festa celébrase o 8 de setembro. No núcleo do lugar hai un conxunto de cabaceiros para gardar o millo, e mais un cruceiro composto por unha base a modo de peaña e unha columna que suxeita a cruz.
En Ermide celebrábase a festa de Santo Antonio o primeiro domingo do mes de maio.
Lugares e parroquias
Lugares de San Lourenzo de Siabal
Parroquias de Paderne de Allariz
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Paderne de Allariz
Categoría:Parroquias de Paderne de Allariz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo