250px|miniatura|dereita|Westerholt, van Haestregt, van Veen, Spierenburg, den Adel, Jolie.

Within Temptation é un grupo musical de procedencia neerlandesa fundado por Robert Westerholt en 1996. Combina elementos da música heavy con outros da música celta, a música clásica e a voz (normalmente en falsete) de Sharon (antes foi cantante soprano), tal e como é habitual na música gótica.

Dous meses despois da súa fundación firmaron un contrato con DSFA Records. En abril do seguinte ano, publicaron o seu primeiro álbum, Enter, embarcándose en novembro nunha xira por Alemaña e Austria. No ano 1998 publicaron o seu primeiro EP, "The Dance".

Permaneceron inactivos durante todo o ano 1999, en decembro do 2000 publicaron un novo disco, Mother Earth, o cal foi un éxito moi grande dentro do gothic metal, e logrou aumentar nunha gran cantidade o número de fans, lo que levou a unha serie de exitosas xiras con grandes concertos a revosar de público. Por esta época publicaron dous sinxelos: "Our Farewell" e "Ice Queen".

2002 foi o ano da súa engalaxe. O sinxelo "Ice Queen" colocouse número un nas listas de vendas nos Países Baixos e Bélxica. O disco Mother Earth chegou a ser platino en Holanda e disco de ouro en Bélxica. En ambos os dous países recibiron o premio TMF/MTV Awards. O grupo tocou en grandes festivais na Benelux (Ozzfest, Lowlands, Dynamo, Rock Werchter, Pukkelpop, Parkpop), así como en Alemaña (Rock im Park, Bizarre, Summerbreeze). En Francia, Within Temptation fixo unha xira por tódalas cidades importantes (París, Lión, Lille, Bordeos) vendendo tódalas localidades.

Membros Robert Westerholt (guitarra) Ruud Jolie (guitarra) Stephen van Haestregt (batería) Sharon den Adel (voz) Jeroen van Veen (baixo) Martijn Spierenburg (teclado)

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Enter 1997 DSFA Mother Earth 2000 DSFA The Silent Force 2004 GUN The Heart of Everything 2007 Sony BMG/GUN The Unforgiving 2011 Roadrunner Hydra 2014 Nuclear Blast, Dramatico, BMG, Universal Music Resist 2019 Vertigo Records, Spinefarm Bleed Out 2023 Force Music

EP The Dance (1998)

Véxase tamén Ligazóns externas

www.within-temptation.com . Club de fans internacional de Within Temptation

Categoría:Grupos musicais dos Países Baixos Categoría:Grupos musicais formados en 1996 Categoría:Grupos musicais de metal gótico Categoría:Grupos musicais de metal sinfónico