Javier Valle-Inclán Alsina, nado en Pontevedra o 7 de maio de 1959, é un militante anarcosindicalista e escritor galego.
Traxectoria Afiliado á Confederación Nacional do Traballo desde 1976, formou parte do colectivo Rosalinda (sendo editor da revista Rosalida), e do colectivo libertario Ricardo Mella. Bibliotecario, logo de traballar en Madrid, Zaragoza e Santander, desde 1992 traballa na Universidade de Santiago de Compostela. É membro do colectivo Mar de Tinta, formado por traballadores das bibliotecas e arquivos de dita universidade. Foi membro da xunta da Fundación Anselmo Lorenzo.
Obra Colaborou nas publicacións (Anarquista), Bicel, CNT e Ólisbos.
Biografía de La Revista Blanca. Valle-Inclán en Galiza Xunto a Joaquín Valle-Inclán é autor de Bibliografía de Don Ramón María del Valle-Inclán (1995) e Entrevistas, conferencias y cartas (1994).
Notas Íñiguez, Miguel: Enciclopedia histórica del anarquismo español (tomo 1); Vitoria, 2008. ISBN 978-84-612-4219-1
Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1959 Categoría:Bibliotecarios Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Anarcosindicalistas