Sofía Trigo Piñeiro, coñecida polo nome artístico de Wöyza (tamén escrito WöYzA) nada en Moaña o 11 de maio de 1984, é unha cantante de soul e hip hop galega.

Traxectoria Criada en Vigo, comezou a cantar en distintos grupos como adolescente, e en 2001 pasou a chamarse Wöyza. Foi cando empezou a traballar con El Puto Coke, outro mc vigués, e colaborou con el en diversos vídeos e gravacións, así como con outros artistas como os portugueses Mind da Gap e Dealema ou os galegos Zentinela e GranPurismoMyspace de Wöyza.

En outubro de 2008 publicou integramente en Internet o seu primeiro álbum, Pisando el suelo que ves, que dous meses despois saíu ademais en formato vinilo. En 2014 recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría hip hop / músicas urbanas, galardón que repetiu en 2019.

Estilo Practica un hip hop próximo ao soulLa voz «negra» de Vigo suena en Yemen, La Voz de Galicia, 4/12/2008. As súas composicións son maioritariamente en castelán, aínda que tamén ten temas en galego.

Discografía Promo EP (2006, maqueta) Pisando el suelo que ves (2008, Likor Kafé) Pelea (2016) Tábula Rasa (2019)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web da cantante Myspace de Wöyza Vídeo para o Xabarín Club con El Puto Coke.

Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Personalidades do soul Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Rapeiros de Galicia