A queixo e touciño, grolo de viño|miniatura
A queixo e touciño, grolo de viño. Do queixo do Cebreiro comer ata o sombreiro. Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo. En san Xoán, pouco queixo e moito pan. En san Xoán, tanto queixo como pan. En san Xoán, tanto queixo como pan; polo san Pedro, tanto queixo coma un dedo, e polo Santiago, agárraselle ó rabo. Por san Xoán, tanto queixo como pan. O pan, con ollos; o queixo, cego; e o viño, anexo. O pan, con ollos; o queixo, sin ollos; o viño, que salte ós ollos. Queixo, sin ollos; e pan, con ollos. O queixo e o barbeito, en abril ou maio sea feito. O queixo millor é fresco, porque non está tan seco. O queixo sano é o que dá o avaro. Queixo cego, pan olludo e viño que chispe no bullo. Queixo pesado, pan liviano. Tanto o pan coma o queixo e tanto o queixo coma o pan, cómoo se mo dan. Tanto pan como queixo, e tanto queixo como pan, ben o como se mo dan. Tanto queixo como pan non se debe dar. Uvas con queixo saben a beixo. Val máis queixo de nabo, que catro de maio. Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante. Gando na corte, pouco leite e queixo forte. No mes de abril fai queixos mil. O falar lévase dos queixos. Pan con ollos, queixo cego e viño que salte ós ollos. Queixo pesado, pan liviano. Val máis un queixo de nabo que catro de maio. Viño que salte, queixo que chore e o pan que cante.
A venda do queixo Algo vale o queixo cando o dan ó peso. O cardo e o queixo, ó peso. O coiro e o queixo, mercalo ó peso. O melón e o queixo, sempre ó peso. O que vende a lá na ovella e o queixo na encella e o pan no agosto e o viño en mosto, a súa gaanza dá a outro. O queixo hase mercar na queixeira; e o trigo, na eira. O queixo, na queixeira e o centeo, na eira.
Véxase tamén Outros artigos O queixo na cultura popular galega Queixo
queixo Categoría:Queixos