James Monroe, nado no condado de Westmoreland, Virxinia, en 1758 e finado en Nova York en 1831, foi o quinto presidente dos Estados Unidos desde 1817 até 1825.miniatura|Retrato de James Monroe|esquerda|242x242pxAntes de ser presidente foi un reputado avogado e diplomático. Serviu como delegado no Congreso Continental entre 1783 e 1786 e participou activamente na política dos primeiros anos dos Estados Unidos, polo que nalgúns contextos tamén é citado entre os pais fundadores.

Doutrina Como presidente, en 1823 articulou a chamada doutrina Monroe, un principio de política exterior que advertía ás potencias europeas de que non se tolerarían novas colonizacións nin intervencións nos asuntos dos Estados no chamado Hemisferio Occidental, especialmente nas repúblicas recentemente independentes de América Latina.

Esta declaración converteuse nun dos piares da política exterior estadounidense nos séculos XIX e XX.

Notas

Categoría:Presidentes dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Westmoreland, Virxinia‎ Categoría:Nados en 1758 Categoría:Finados en 1831