Béatrix Beck foi unha escritora belga naturalizada francesa, nada o 30 de xullo de 1914 en Villars-sur-Ollon (Suíza) e finada o 30 de novembro de 2008 en Saint-Clair-sur-EpteBéatrix Beck s'est éteinte en Le Figaro do 30 de novembro de 2008. Filla do poeta Christian Beck, foi a secretaria de André Gide.
Traxectoria Béatrix Beck naceu en Suíza de pai de orixe letoa-italiana e nai irlandesa, educouse en Francia, licenciouse en dereito e militou no Partido Comunista Francés. Casou en 1936 cun xudeu apátrida, Naum Szapiro, que morreu na guerra. En 1948 publicou a súa primeira novela, Barny, coñeceu al André Gide de quen foi secretaria. Une mort irrégulière (1950) e Léon Morin, prêtre (1952, premio Goncourt) constituíron dous éxitos e, á morte de Gide, puido mercar un apartamento no mesmo inmoble no que vivía Sartre. En 1955 naturalízase francesa, segue a publicar novelas e en 1966 marcha ós Estados Unidos como profesora en Berkeley, en Virxinia e no Canadá na Universidade Laval, na Universidade de Sherbrooke e na 'Universidade Laurentiana. Retorna a Francia en 1977, publica novelas sobre a vida universitaria no Canadá, como Noli. Pero é con La Décharge co que gaña o prix du Livre Inter. Béatrix Beck obtivo o Prix Prince-Pierre-de-Monaco en 1989 pola totalidade da súa obra.
Obras 1948 Barny, Gallimard. 1950 Une mort irrégulière, Gallimard. 1952 Léon Morin, prêtre, premio Goncourt. 1954 Des accommodements avec le ciel, Gallimard. 1963 Le Muet. 1967 Cou coupé court toujours. 1977 L'Épouvante, l'émerveillement. 1978 Noli. 1979 La Décharge, prix du Livre Inter. 1980 Devancer la nuit. 1981 Josée dite Nancy. 1983 Don Juan des forêts. 1984 L'Enfant-chat. 1986 La Prunelle des yeux. 1988 Stella Corfou. 1989 Une. 1990 Grâce. 1991 Recensement. 1993 Une lilliputienne. 1994 Vulgaires vies. 1994 Moi ou autres (relatos). 1996 Prénoms (relatos). 1997 Plus loin, mais où. 1998 Confidences de gargouille. 2000 La Petite Italie (relatos). 2001 Guidée par le songe (relatos). Contes à l'enfant né coiffé. La Mer intérieure. La Grenouille d'encrier. Mots couverts (poemas).
Bibliografía
Introdución a La Décharge'', Grasset et Fasquelles, Collection Les Cahiers Rouges, París, 1988.
Notas
Beck Beck Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados no cantón de Vaud Categoría:Finados por párkinson