Julio Parrilla Díaz, nado en Ourense o 25 de marzo de 1946, é un bispo católico galego.

Traxectoria Estudou na escola e no bacharelato en Ourense e en 1971 toma contacto co movemento católico Adsis. Licenciouse en filosofía pola Universidade Pontificia Salesiana de Roma, en teoloxía catequética pola Universidade Pontificia de Salamanca e de novo en filosofía pola de Valencia. Ordenouse sacerdote o 30 de marzo de 1975, en Salamanca.

En 1992 instalouse en Ecuador, na cidade de Portoviejo, e máis tarde, en 1998, trasladouse a Quito, onde traballou como párroco durante dez anos ata que o 18 de abril de 2008 foi nomeado bispo de Loja, en Ecuador polo papa Bieito XVI.

É secretario xeral do movemento Adsis.

Véxase tamén Ligazóns externas Discurso de Julio Parrilla en Cariamanga, Ecuador (YouTube).

Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1946 Categoría:Bispos católicos de Ecuador Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Salesiana Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca