Thomas Ridley Sharpe, nado en Londres o 30 de marzo de 1928 e finado en Llafranc (provincia de Girona) o 6 de xuño de 2013, foi un escritor inglés, máis coñecido como Tom Sharpe.

Traxectoria A súa infancia e mocidade estiveron marcadas por unha rabia crónica. A súa nai, enferma, non se podía ocupar del. O seu pai, párroco británico, pasou do socialismo ó nacionalsocialismo. Estudou na Universidade de Cambridge.

Logo de realizar o servizo militar trasladouse a Suráfrica en 1951, dedicándose a realizar traballos sociais e ó ensino en KwaZulu-Natal. En 1961 escribiu e representou unha obra en contra do réxime do apartheid. Debido a isto foi encarcerado na prisión de Pietermaritzburg acusado de "político subversivo" e "comunista perigoso", e máis tarde foi deportado por actividades "antigubernamentais". Da súa experiencia en África obtivo a inspiración para escribir Riotous Assembly e Indecent Exposure. Entre 1963 e 1972 traballou como profesor de historia no Colexio de Cambridge das Artes e a Tecnoloxía. Recibiu o Gran Premio do Humor Negro en 1986.

Literatura Nas súas novelas encóntrase un humor corrosivo, mesmo ás veces cruel, que divide ós seus lectores entre os que o consideran moi ofensivo e os que pensan que é un mestre do humor. A súa temática é variada, desde os xa mencionados libros inspirados no apartheid, ata os que critican o sistema educativo (Wilt e secuelas), o snobbismo da clase inglesa (Ancestral Vices e Porterhouse Blue), o mundiño literario (The Great Pursuit), extremismos políticos de todo tipo, a burocracia e a estupidez en xeral. Os seus personaxes usan moitas veces unha linguaxe vulgar e explícita e practican toda clase de actos sexuais. Outras veces ridiculiza a forma de falar ou de comportarse de determinados grupos sociais.

Éxito As súas obras foron traducidas a 22 idiomas, vendendo máis de 10 millóns de exemplares. Mesmo algunha delas (Porterhouse Blue e Blott on the Landscape) foron adaptadas como series de televisión. Wilt foi levada ó cine en 1989 por Michael Tuchner.

Obras Riotous Assembly (1971) Indecent Exposure (1973) Porterhouse Blue (1974) Blott on the Landscape (1975) The Great Pursuit (1977) The Throwback (1978) Ancestral Vices (1980) Vintage Stuff (1983) Grantchester Grind (1993) The Midden (1996) The Gropes (2009)

Saga de Wilt Wilt (1976) The Wilt Alternative (1979) Wilt on High (1985) Wilt in Nowhere (2004) Wilt's Herency (2009)

Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Personalidades sen imaxes