miniatura|dereita|260px|As pontes de hidróxeno fórmanse entre as distintas cadeas de celulosa

A celulosa é un polímero formado pola repetición de monosacáridos de glicosa. É unha molécula insoluble en auga, e é a biomolécula máis abundante que hai na Terra. Plantas, bacterias ou algas producen cada ano unha cantidade aproximada de cen mil millóns de toneladas de celulosa.

Terminoloxía O termo celulosa deriva de célula, do latín cellula (cela pequena), co sufixo -osa, que se emprega para designar azucres complexos. A primeira utilización do termo célula para referirse a elementos básicos estruturais dos organismos vivos débese a Robert Hooke no s. XVII, quen observou pequenas estruturas que lembraban celas monásticas nunha mostra de cortiza. O químico francés Anselme Payen acuñou o termo cellulose no s. XIX ao identificar e illar a substancia polisacárida das plantas.

O Dicionario da Real Academia Galega recolle o termo "celulosa" para referirse ao principal compoñente da parede celular das plantas, utilizado industrialmente na fabricación de papel entre outros produtos.. O Dicionário Estraviz recolle a forma "celulose", aliñada coas terminacións en -ose do portugués, francés, inglés e alemán.Dicionario Estraviz - Celulose

Estrutura da celulosa A celulosa forma cadeas lineais, formadas por monómeros de β-glicosa mediante enlaces β-1,4-O-glicosídico, que se unen unhas ás outras mediante pontes de hidróxeno. A unión de moitas cadeas forma feixes cilíndricos chamados microfibriñas de celulosa. As microfibriñas son moi resistentes, polo que teñen unha función estrutural, e estas atópanse na parede celular dos vexetais.

Funcións da celulosa A celulosa é un compoñente estrutural nas plantas, xa que é unha molécula moi resistente. Tamén hai animais, como algúns microrganismos (fungos ou bacterias) ou ruminantes que teñen no seu organismo a enzima celulasa que é capaz de romper os enlaces da β-glicosa, e a celulosa sérvelles coma fonte de enerxía. Pero a celulosa non pode ser empregada polos seres humanos, xa que non temos os enzimas axeitados para poder romper os enlaces que presenta. Aínda así é imprescindible tomar algunha cantidade de celulosa xa que axuda no proceso do tránsito intestinal e como fonte de enerxía para as bacterias intestinais.

Aplicacións da celulosa A celulosa obtense da madeira, algodón, liño, palla etc. Úsase para a fabricación de papel e variantes do papel, así como tamén para a fabricación dalgunhas substancias químicas como por exemplo explosivos).

Celulosa en animais Aínda que a celulosa é típica dos vexetais, hai excepcións entre os animais que poden producir celulosa, como é o caso dos tunicados mariños (por exemplo ascidias), que teñen unha túnica formada por celulosa, que nestes animais foi denominada historicamente tunicina.Endean, R (1961). "The Test of the Ascidian, Phallusia mammillata". Quarterly Journal of Microscopical Science 102 (1): 107–117.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cánabo Papel Pasta de celulosa

Categoría:Celulosa