Anthrax é unha banda de thrash metal estadounidense baseada en Nova York formada no ano 1981 polo guitarrista Scott Ian e o baixista Dan Lilker. Foi unha das máis populares bandas da escena thrash dos anos 80, e destaca por ser a primeira en combinar heavy metal con rap. Anthrax leva vendidos ao redor de 10 millóns de discos en todo o mundo, e é considerada unha das catro grandes do thrash metal, xunto con Metallica, Megadeth e Slayer.

En 2016 o grupo levaba publicados once álbums de estudio, un feixe de sinxelos e un EP coa banda de hip hop estadounidense Public Enemy. Segundo Nielsen SoundScan, Anthrax vendeu 2,5 millóns de discos nos Estados Unidos dende 1991 ata 2004, cunhas vendas mundiais de 10 millóns de copias.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Fistful of Metal 1984 Megaforce Records Spreading the Disease 1985 Island Records Among the Living 1987 Island Records State of Euphoria 1988 Island Records Persistence of Time 1990 Island Records Sound of White Noise 1993 Elektra Records Stomp 442 1995 Elektra Records Volume 8: The Threat Is Real 1998 Ignition Records We've Come for You All 2003 Sanctuary Records Worship Music 2011 Megaforce Records, Nuclear Blast For All Kings 2016 Megaforce Records, Nuclear Blast Cursum Perficio 2026 Megaforce Records, Nuclear Blast

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda

Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de speed metal Categoría:Grupos musicais de groove metal Categoría:Grupos musicais de Queens‎ Categoría:Grupos musicais formados en 1981 Categoría:Artistas de Megaforce Records Categoría:Artistas de Island Records Categoría:Artistas de Elektra Records Categoría:Artistas de Nuclear Blast Records