Barthel Beham, nado en Nürnberg en 1502 e finado en Boloña en 1540, foi un gravador, miniaturista e pintor alemán.
Traxectoria O irmán máis novo de Hans Sebald Beham, naceu nunha familia de artistas de Nürnberg, aprendeu do seu irmán máis vello e de Albrecht Dürer e foi particularmente activo como gravador durante a década de 1520, creando pequenas obras dun magnífico detalle, foi un dos pequenos mestres. Fascinado coa antigüidade realizou moitas obras con Marcantonio Raimondi en Boloña e Roma.
En 1525, xunto co seu irmán e Georg Pencz, foi expulsado de Nürnberg por herexía, perdoado máis tarde non volveu á súa cidade natal e acabou establecéndose en Múnic en 1527 para traballar para os duques de Baviera, Guillerme IV e Lois X, converténdose nun dos principais retratistas da súa época.A. H. Keane, Early Teutonic, Italian and French Masters
Galería
Notas
Ligazóns externas Barthel Beham en Artcyclopedia
Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Nados en 1502 Categoría:Finados en 1540 Categoría:Nados en Núremberg