Idea Vilariño Romani, nada en Montevideo o 18 de agosto de 1920 e finada o 28 de abril de 2009, foi unha poeta, tradutora, crítica literaria, compositora e ensaísta, encadrada dentro da chamada Xeración do 45.

Traxectoria Foi filla de Leandro Vilariño (1892-1944), un poeta anarquista galego cuxas obras non foron editadas en vida. Exerceu de profesora de literatura no ensino medio dende 1952 ata o golpe de estado en 1973. Reinstaurado o sistema democrático, obtivo a Cátedra de Literatura Uruguaia na Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación da Universidade da República.

Foi unha das fundadoras das revistas Clinamen e Número. Colaborou noutras publicacións, coma Marcha, La Opinión, Brecha, Asir ou Texto crítico.

Froito dunha entrevista realizada en 1997 por Rosario Peyrou e Pablo Rocca, xorde o vídeo "Idea", estreado en maio do 1998.

A súa obra foi traducida a varios idiomas, entre eles, o italiano, o alemán e o portugués.

Obra miniatura|200px|Idea Vilariño no seu escritorio en 1983. Poesía La suplicante (1945). Cielo Cielo (1947). Paraíso perdido (1949). Por aire sucio (1950). Nocturnos (1955). Poemas de amor (1957). Pobre Mundo (1966). Poesía (1970). No (1980). Canciones (1993). Poesía 1945 - 1990 (1994). Poesía completa (2002).

Ensaio Grupos simétricos en la poesía de Antonio Machado (1951). La rima en Herrera y Reissig (1955). Grupos simétricos en poesía (1958). Las letras de tango (1965). El tango cantado (1981).

Véxase tamén Outros artigos Literatura do Uruguai

Ligazóns externas Páxina web da autora

Categoría:Uruguaios de ascendencia galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Ensaístas Categoría:Críticos literarios do Uruguai Categoría:Escritores do Uruguai Categoría:Tradutores do Uruguai Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Poetas do Uruguai