Chámase chauvinismo (tomando o nome do patriota francés Nicolas Chauvin), á crenza narcisista próxima á paranoia e a mitomanía de que o propio do país, ou rexión, ao que un pertence é o mellor en calquera aspecto.

Características O nome provén da comedia A cocarde tricolore dos irmáns Cogniard, en onde un actor, co nome de Chauvin, personifica un patriotismo esaxerado. Hannah Arendt descríbeo así:

miniatura|Hannah Arendt.|esquerda|180x180pxO chauvinismo resulta un razoamento falso ou paralóxico, unha falacia de tipo etnocéntrico ou de ídola fori. En retórica, pois, constitúe un dos argumentos falsos chamados ad hominem que serven para persuadir con sentimentos no canto de con razóns a quen se convencen máis con aqueles que con estas, e como tal se utilizou frecuentemente por parte dos políticos para persuadir as masas. Naceu fundamentalmente coa crenza do romanticismo nos "caracteres nacionais" ou volkgeist.

Erich Fromm, León Poliakov e Jon Juaristi estudaron as manifestacións máis perversas e perigosas do chauvinismo, que poden estar asociadas a ideoloxías totalitarias, xenófobas, racistas e sexistas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Jingoísmo Nación Nacionalismo Paternalismo Patria Patriotismo Racismo Ufanismo