"21 Questions" é unha canción interpretada polo rapeiro estadounidense 50 Cent. Nate Dogg, quen acompaña coa súa voz, é incluído de forma non acreditada no coro e no outro. A canción foi escrita por 50 Cent, K. Risto, J. Cameron e V. Cameron para o álbum do debut comercial de 50 Cent, "Get Richo r Die Tryin'". Lanzado o 29 de abril de 2003 como o segundo single do álbum, converteuse no segundo do rapeiro en alcanzar a primeira posición nas listas de Estados Unidos despois de "In da Club". Sinalar que alcanzou a sexta posición nas listas do Reino Unido mentres que o seu anterior single aínda estaba na posición 23 das listas, conseguindo ter dous singles dentro do Top 30 o mesmo tempo. A canción foi producida por Dirty Swift e Bruce Waynne de Midi Mafia e os samples son de "It’s Only Love Doing Its Thing" de Barry White.

Lista de temas

# Título 1. 21 Questions (versión de álbum) 2. Soldier (50 Cent & G-Unit freestyle) 3. 21 Questions (en directo dende Nova York) 4. 21 Questions (vídeo)

Posición nas listas

ListaMáxima posiciónLista de sinxelos de Australia4Lista de sinxelos de Austria39Lista de sinxelos de Bélxica37Lista de sinxelos do Canadá5Lista de sinxelos de Finlandia13Lista de sinxelos de Francia58Lista de sinxelos de Alemaña34Lista de sinxelos de Irlanda11Lista de sinxelos de Nova Zelandia8Lista de sinxelos de Noruega15Lista de sinxelos de Suecia34Lista de sinxelos de Suíza14Lista de sinxelos do Reino Unido4EEUU Billboard Hot 1001EEUU Billboard Top 40 Mainstream6EEUU Billboard Top 40 Tracks5EEUU Billboard Rhythmic Top 401EEUU Billboard Hot R&B/Hip-Hop Singles & Tracks1EEUU Billboard Hot Rap Tracks1

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de 50 Cent Vídeo de "21 Questions"

Categoría:Sinxelos de 2003