Os Miami Heat son un equipo de baloncesto da NBA, na cidade de Miami (Florida). Xogan os seus partidos como locais no American Airlines Arena, e forman parte da División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA).

O equipo foi fundado en 1987 grazas á expansión da NBA en 1988 e nas súas ringleiras xogaron estrelas da liga coma Alonzo Mourning, Glen Rice, Tim Hardaway, Shaquille O'Neal, Dwyane Wade ou LeBron James. Os Heat gañaron o seu primeiro título de campión na tempada 2005-06, tras vencer a Dallas Mavericks por 4-2. Seis tempadas máis tarde, os Heat conseguiron o seu segundo campionato, na tempada 2011-12, tras gañar ós Oklahoma City Thunder por 4-1, repetindo ao ano seguinte ante San Antonio Spurs por 4-3. Miami apareceu en playoffs en 19 das 28 tempadas nas que participou na NBA. Ademais do anel, os Heat contan con 15 títulos de división, a maioría deles logrados nas tres épocas máis gloriosas da franquía: de 1997 a 2000, e de 2005 a 2007, e de 2011 a 2014.

Canchas Miami Arena (1988-1999) American Airlines Arena (1999-presente)

Historia Nacemento da franquía Durante o boom que sacudiu á NBA na década dos 80, a liga quixo expandir o número de equipos de 23 a 27, ata o final da década. Por entón no estado de Florida non tiñan equipo de NBA, polo que medrou a posibilidade do nacemento dunha en Orlando, Tampa, Florida/San Petersburgo, Florida conxuntamente, ou Miami.

O Miami Sports and Exhibition Authority promoveu a candidatura de Miami por medio dun grupo liderado polo Hall of Fame Billy Cunningham e Lewis Schaffel, antigo axente deportivo e amigo de toda a vida. O grupo foi respaldado economicamente por Carnival Cruise Lines, unha empresa de cruceiros fundada por Ted Arison, quen sería o propietario maioritario, mentres que o manexo das operacións e o día a día na franquía correría a cargo de Cunningham e Schaffel, os accionistas minoritarios.

En abril de 1987, o comité da expansión de equipos na NBA apoiou ás cidades de Charlotte e Minneapolis. Porén, o comité decantouse finalmente por unha das franquías de Florida, Miami ou Orlando. Despois de todo o proceso, a NBA decidiu finalmente aumentar en 4 o número de equipos, con Charlotte Hornets e Miami Heat debutando na tempada 1988-89, mentres que Minnesota Timberwolves e Orlando Magic o farían un ano máis tarde, na tempada 1989-90.

1987-91: A etapa de Rothstein Para a súa primeira tempada na liga, Miami fíxose cos servizos de Ron Rothstein, quen foi durante moito tempo asistente de Chuck Daly nos Detroit Pistons e considerado un dos arquitectos da defensa daqueles Pistons. Foi un primeiro ano complicado, xa que tiveron que convivir con moitas derrotas ao longo da tempada e cun equipo novo. Entre os xogadores daquel equipo inaugural atopábanse Rony Seikaly e Kevin Edwards (seleccionados na primeira rolda do draft de 1988 no posto 9 e 20 respectivamente), os debutantes Grant Long e Sylvester Gray e os veteranos Rory Sparrow, Jon Sundvold, Pat Cummings e Billy Thompson.

O equipo comezou a tempada perdendo os seus primeiros 17 partidos, un récord na NBA, para rematar a tempada cun balance de 15 vitorias e 67 derrotas. O escolta novato Kevin Edwards, procedente da Universidade de DePaul, foi o máximo anotador da campaña inaugural con 13,8 puntos de media. A media de espectadores durante a primeira tempada foi de 14 945.

Miami comezou a súa segunda tempada na NBA seleccionando a Glen Rice, proveniente da Universidade de Míchigan na primeira rolda do Draft de 1989, aumentando así o seu poder anotador. Na segunda rolda foi elixido Sherman Douglas da Universidade de Syracusa. O equipo mudouse da División Central (Conferencia Oeste) á División Atlántica (Conferencia Leste), onde se mantiveron 15 anos. Porén, Miami seguiu coa súa xeira de malos resultados e nin tan sequera foi capaz de gañar dous partidos consecutivos, rematando a tempada cun récord de 18-64. O único bo que deixou a tempada foi a actuación dos seus xogadores máis novos. Rony Seikaly irrompeu na súa tempada sophomore na tempada 1989-90 con 16,6 puntos e 10,4 rebotes que lle serviron para ser o Xogador Máis Mellorado da NBA, mentres que os rookies Sherman Douglas (14,3 puntos e 7,6 asistencias) e Glen Rice (13,6 puntos e 4,6 rebotes) deixaron boas sensacións.

Na tempada 1990-91, Miami mellorou o seu número de vitorias con 24, por 58 derrotas. Elixiron a Willie Burton na novena posición do Draft de 1990 e a Dave Jamerson na 15ª posición, pero non chegou a debutar xa que foi traspasado a Houston Rockets nunha operación que trouxo a Alec Kessler, elección nº 12, a Miami. Ningún dos dous encaixou moi ben no equipo por varios motivos. Burton porque era un aleiro e os Heat insistían en facelo xogar coma escolta, e Kessler non estaba fisicamente preparado para ser xogador da NBA. Mentres, Douglas, Rice e Seikaly continuaban mellorando mantendo en Miami a esperanza dun futuro mellor.

Rothstein dimitiu coma adestrador rematada a tempada, pero volvería a Miami coma asistente na tempada 2004-05.

1991-95: A etapa de Loughery 280px|esquerda|miniatura|O Miami Arena, primeiro pavillón dos Heat. Rothstein renunciou antes do comezo da tempada 1991-92 e Miami contratou a Kevin Loughery, un adestrador con 29 anos de experiencia coma técnico e xogador da NBA. No draft de 1991, o equipo seleccionou a Steve Smith da Universidade do Estado de Míchigan, no posto número 5. Coa axuda do debutante Smith, Rony Seikaly e un máis experimentado Glen Rice, os Heat remataron en cuartos da División Atlántica cun récord de 38-44 e participou por primeira vez nos playoffs. Foron eliminados polo mellor equipo dese ano, os Chicago Bulls. Smith formou parte do equipo dos mellores rookies e Rice rematou décimos en anotación na NBA.

Na tempada 1992-93 sumáronse ao equipo Harold Miner, da Universidade de California do Sur e o pivote John Salley, procedente dos Detroit Pistons, a cambio dunha futura elección no draft. A incorporación de Salley foi acollida cun gran optimismo debido ao rol que tivo nos dous campionatos obtidos cos Pistons, porén rapidamente notouse que Salley era un xogador de calidade para un bo equipo, pero non para un equipo mediocre, como o era por entón Miami. Salley foi diminuíndo o seu tempo do xogo, ata que finalmente foi contratado polos Toronto Raptors en 1995. A tempada non comezou ben de todo, con Smith perdendo varios partidos debido a unha lesión no xeonllo e Burton fóra das canchas case todo o ano por unha lesión no pulso. Co regreso de Smith, Miami logrou unha xeira de vitorias entre febreiro e marzo, pero non foi suficiente para darlle a volta ao mal comezo de 13-27. Remataron o ano cun récord de 36-46 e non participaron nos playoffs.

Un equipo máis saudábel, o da tempada 1993-94, logrou por primeira vez un récord positivo de 42-40 e volveu aos playoffs, onde se enfrontou aos Atlanta Hawks. Atlanta recuperouse despois de ir perdendo a eliminatoria por 2-1 e rematou gañando ao mellor de 5 partidos. Tras esa tempada, Steve Smith foi seleccionado coma membro do segundo Dream Team, o grupo de grandes estrelas da NBA que competiron no Campionato Mundial de baloncesto de 1994 en Toronto representando aos Estados Unidos. O equipo tamén estaba formado polos futuros Heats Shaquille O'Neal, Alonzo Mourning, Dan Majerle e Tim Hardaway.

Na tempada 1994-95 o equipo renovou os seus xogadores, traspasando a Seikaly, Smith e Grant Long; e contratando a Kevin Willis e Billy Owens. Nesta época produciuse tamén un gran cambio na directiva de Miami. O 13 de febreiro de 1995 os dereitos coma donos de Billy Cunningham e Lew Schaffel foron mercados pola familia Arison. Mickey Arison foi nomeado xerente xeral, sendo a súa primeira medida botar ao técnico Loughery e substituílo por Alvin Gentry para tratar de remontar o récord de 17-29. Gentry logrou unha marca de 15-21 nos 36 partidos restantes da tempada, para finalizar cun 32-50 en total, 10 vitorias por debaixo da marca do ano anterior.

Riley cambia o rumbo de Miami A era de Alonzo Mourning Dende 1994 a 1997, Miami Heat tratou de conseguir plans para o cambio de cidade por se nun futuro a cidade de Miami se opuxera e non dera facilidades para facelo. As alternativas principais foron Las Vegas, Nevada; Memphis, Tennessee (agora fogar dos Memphis Grizzlies), St. Louis (Missouri) e San Diego. Esta idea pronto caería no esquecemento debido á dinámica gañadora na que entraron os Heat, abrindo unha nova década para a esperanza.

Tras finalizar a tempada 1994-95, Miami contratou a Pat Riley coma novo presidente e adestrador. O técnico que adestrou ao Showtime de Los Angeles Lakers na década de 1980 compaxinou ambas labores e foi o ideólogo do cambio de cara que deron os Heat tras a súa chegada. O seu efecto non se fixo agardar, xa que unha noite antes de que dera comezo a tempada 1995-96 conseguiu a un dos pivotes máis contrastados e tamén máis novos da NBA, Alonzo Mourning, a cambio de Glen Rice e Matt Geiger, entre outros, a Charlotte Hornets.

Da man de Mourning o equipo comezou 11-3. Nunha sucesión de traspasos a metade de tempada, Riley, noutra xogada mestra, fíxose con outra das grandes estrelas da liga, Tim Hardaway. Xunto con Tim chegou Chris Gatling, mentres que Kevin Willis e Bimbo Coles marcharon aos Golden State Warriors. Por se fora pouco, tamén se fixo con Walt Williams, que viña de facer 16,4 puntos, 4,5 rebotes e 4,1 asistencias a tempada anterior nos Sacramento Kings. Miami finalizou a campaña con balance positivo, 42-40,basketball-reference.com 1995-96 NBA Season Summary , consultado xullo de 2008 que lle valeron un sitio nos playoffs, onde agardaban os Bulls de Michael Jordan. Chicago, que viña de lograr o récord de 72 vitorias, venceu por 3-0 pero en Miami volveron xogar dos playoffs. miniatura|215px|Alonzo Mourning, historia viva de Miami Heat. Mourning rematou a tempada con dobres figuras, con medias de 23,2 puntos e 10,4 rebotes. Hardaway, pola súa parte, asinou 17,2 puntos e 10 asistencias, formando xunto a 'Zo' unha das mellores sociedades da NBA.

Na seguinte tempada, a 1996-97, os Heat lograron o mellor récord da súa historia con 61-21, que dura aínda hoxe.basketball-reference.com 1996-97 NBA Season Summary , consultado xullo de 2008 A franquía lograba o seu primeiro título da División Atlántica e Riley, que se levou o premio ao Adestrador do Ano da NBA, seguía construíndo un equipo gañador. Este ano a fichaxe estrela foi Jamal Mashburn, que fixo dúas primeiras tempadas na NBA a un gran nivel nos Dallas Mavericks, pero as lesións marcárono moito nas 2 seguintes e na última época na súa traxectoria. Jamal chegou a cambio de Sasha Danilovic, Kurt Thomas e Martin Müürsepp. Ademais de Mashburn, incorporouse a xogadores que tiveron un rol fundamental no equipo coma Dan Majerle, P.J. Brown, Voshon Lenard e Isaac Austin, que chegou procedente de Turquía (pese a que xa disputara 3 tempadas na NBA), onde asinou 22.3 puntos e 13.9 rebotes. Austin, cunha achega de 9.7 puntos e 5.8 rebotes foi elixido coma o Xogador máis Mellorado da NBA.

En playoffs, o equipo comezou a súa andaina eliminando, non sen sufrimento, a Orlando Magic, por 3-2. Nas semifinais de conferencia agardaban os Knicks, exequipo de Riley, aos que remontaron un 3-1 en contra para clasificarse por primeira vez a unhas Finais de Conferencia. Naquela serie, durante o 5º partido, P.J. Brown e Charlie Ward protagonizaron unha pelea que deixou un resultado de catro xogadores expulsados. Brown foi o responsábel da disputa ao empurrar ao base Ward cando intentaba penetrar a canastra.