Miguel Ángel Cadenas Sobreira, nado en Ourense, o 11 de abril de 1947, é un xuíz galego.
Traxectoria Aprobou as oposicións a xuíz en 1974 e foi destinado ao xulgado de primeira instancia do Barco de Valdeorras. En 1976 foi destinado a Ribadavia, e tres anos máis tarde, en 1979 ascendeu a maxistrado e ocupouse de procesos laborais en tribunais do social primeiro en Burgos, logo en Vigo e logo en Oviedo. En 1986 foi nomeado presidente da Audiencia provincial de Ourense e en 1989 pasou á audiencia da Coruña. En 1995 tomou posesión como presidente da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, posto que ocupou ata 2008, cando é designado como presidente dese tribunal, o máis alto órgano xudicial de Galicia. Tomou posesión deste novo destino o 19 de febreiro de 2009.Cadenas tomará hoxe posesión como presidente do TSXG, A Nosa Terra, 19/2/09
Tamén é profesor das universidades de Santiago e da Coruña. É membro da asociación de xuíces Jueces para la Democracia.
Notas
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes