Feo Belcari, nado en Florencia en 1410 e finado en 1484, foi un poeta italiano de carácter relixioso.
Traxectoria dereita|miniatura|Regola della vita spirituale, 1485
Membro da Arte della Lana ocupou diversos postos no goberno da cidade, entre eles o de prior.
As súas obras testemuñan un profundo celo relixioso, é autor de himnos, laudes, de traducións de obras de devoción en latín, mais sobre todo dunha Vita del beato Giovanni Colombini composta en 1449 e de varias sacre rappresentazioni (representacións sacras próximas ós misterios) como por exemplo Di Santo Giovanni Battista quando andò nel deserto, anterior a 1470 e Dell’Annunciazione di Nostra Donna escrita en 1471.
Non obstante, foi a Rappresentazione di Abramo e Isacco a máis célebre das súas obras, compúxoa arredor de 1440, aínda que non se representou ata 1449, a peza, despois dun exordio onde un anxo expón o argumento, segue fielmente o texto bíblico sobre o sacrificio de Isaac.
Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Nados en 1410 Categoría:Finados en 1484 Categoría:Nados en Florencia