Startijenn é un grupo de música bretón. Dende o lanzamento do seu primeiro disco, en 2006, teñen dado concertos en toda a Bretaña. En 2008 sacaron o seu segundo álbum, Pakit Holl!. O grupo intégrano Konogan an Habask (binioù e uilleann pipes), Tangi le Gall-Carré (acordeón diatónico), Tangi Oillo (guitarra), Youn Roue (bombarda) e Kaou Gwenn (percusión). En 2008 participaron no Festival Intercéltico de An Oriant.
Categoría:Grupos musicais da Bretaña Categoría:Grupos musicais de música celta Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 2005