Trasmonte é unha aldea pertencente á parroquia de Vilachá de Salvadur, no concello lugués da Pobra do Brollón.

Contaba en 2007 segundo o IGE, con 14 habitantes (9 homes e 5 mulleres), un habitante menos que no ano anterior.

Está situada a 592 m. de altitude, ao pé da serra da Auga Levada e moi preto do río Sil, do que hai moi boas vistas dende a aldea.

Lugares e parroquias Lugares de Vilachá de Salvadur

Parroquias da Pobra do Brollón

Categoría:Lugares da Pobra do Brollón