miniatura| miniatura| A can fraco todo son pulgas Miguel Rubinos Conde 2013.. A can pequeno, óso grande Eladio Rodríguez González, s. v. can.. A can que moito ladra, bótalle un óso, verás que logo cala . A can que os dentes regaña dálle pan ou talladas . A can vello, cus cus Non se pode enganar a unha persoa con experiencia (o can vello) con chácharas de rapaces (voces como cus cus, empregadas para chamar os cadelos).. A can vello non hai cus, cus . A can vello non hai tus-tus. Á muller e ó can o pau nunha man, e noutra mau o pan Eladio Rodríguez González, s. v. muller.. A puta e o can só miran prá man. A quen lle sobre pan, que manteña ben o can Eladio Rodríguez González, s. v. pan.. A quen non lle sobre o pan, que non críe can . Adoece, can, porque non che dan pan . Aí vén febreiro cos seus vinteoito: si tivera máis catro non deixaba can nin gato. Alégrase o corvo e o can do que fai o gavián. Amigo de ricachón ou can ou cabrón. Amigos, coma o can e o gato. Anque o can ten catro patas, por un soilo camiño anda . Ás veces ruín cadela roe boa correa. Baila o can polo pan. Ben está o can cando non quer pan . Cabalo, galgo e fidalgo, bos, pero non medianosEladio Rodríguez González, s. v. cabalo.. Cada can lambe a súa caralla. Cada can lambe o seu . Cada can lambe o seu nariz. Cada can no seu palleiro é moita xente. Cal e o can, tal é o dono . Caldo sin pan dáselle ó can Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.. Can alcuceiro, nunca bo coenlleiro Chámase alcuceiro ó home cocinillas, a quen lle gusta estar metido na cociña; a alcuza é a aceiteira. Eladio Rodríguez González, s. v. can.. Can cativo de lonxe ladra. Can danado non conoce ó amo . Can de boa raza, se hoxe non caza mañán caza . Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo . Can de caza quer ser de raza . Can de palleiro non quer compañeiro . Can doente non conece á xente . Can e meniño, onde o cariño Elixio Rivas Quintas (1988).. Can ladrador que non ten forza, ¡ai, se se descoida! . Can ladrador, mal cazador . Can merendeiro garda mal o palleiro . Can moi ladrador, pouco mordedor . Can na porta, pedrada no rabo. Can pola porta pedrada no lombo. Can que ladra, non morde. Can que ladra, non morde nin caza . Can que lobos mata, lobos o matan . Can que moito ladra, ben garda a casa . Can que moito ladra, ruín é prá casa . Can que moito lambe tira sangue . Can que morde non ladra en vau . Can que non ventea, non lebrea . Can que ten a nai na aldea, moito ouvea Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: oubea.. Can que vai a moitas vodas, non pode comer en todas Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: bodas.. Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo . Cando o can ladra na calle, señora comadre, cando o can ladra na calle, non ladra de balde Juan Sobreira Salgado: Papeletas.. Cando o can quer a cadela; moita farela; e dispois ergue a pata e mexa por ela Farela significa conto, charlatanería, labia (ter moita farela).. Cando o can quer a cadela ofrece moita farela <ref>Juan Sobreira Salgado: "Vegetables. No orixinal: cadéla, moyta faréla.</ref>. Cando o can quer a cadela, ofrécelle farela. Cando un can traga un óso, confía no seu pescozo . Chámame can e dáme pan . Coa auga en san Xoán xa se revolve o lobo ó can. Como o can do hortelán, que non come él as peras nin as deixa comer ós máis . Dálle ó rabo o can, non por ti, senón polo pan Eladio Rodríguez González, s. v. rabo (no orixinal: Dalle o rabo, tí, senon); s. v. can (no orixinal: tí.. Dáme pan e chámame can . De can, cadela; e de cadela, can . De can danado, de caldo recalentado e de amigo reconciliado, líbrenos Dios. De coxo e can rabelo, líbrenos Dios como do demo. De home coxo e can rabelo escapa dil como do demo. De home torto e can rabelo fuxe del como do demo. De neno, rei; de mozo, galán; de vello, can. De pequeno, rei; de mozo, capitán; de casado, burro; e, de vello, can. De pequeno, rei; de mozo, galán; de casado, burro; e de vello, can. Deixa andar o can coa roca, que el dará conta da mazaroca Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: andalo.. Deixa andar o can coa roca, que ha dar conta da mazaroca Porque o que as fai, págaas. Elixio Rivas Quintas (1978).. Deixa andar o can coa roca que xa dará coa mazaroca. Deixa, deixa, andar o can coa lebre Elixio Rivas Quintas (1978).. Detrás dos cas lapazos can. Día de Páscoa e domingo lardeiro, cada cadelo no seu palleiro Eladio Rodríguez González, s. v. día.. Dios te libre de home que non fala, e de can que non ladra Eladio Rodríguez González, s. v. home.. Dixo no monte unha vella: "Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato". Febreiriño contestou: "Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro". Dos homes cativos e femias que teñen lingua noxente ¡líbrenos san Eleuterio antes que dun can doente! Dous de can novo, dous de bo can, dous de can vello, dous de mal can. Dous lobos a un can, ben o comerán . Dous poldros a un can, ben o morderán Eladio Rodríguez González, s. v. poldro.. Dous zarrulos a un can, algo lle fan. En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo galo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro. En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro. En abril estou no cubil; en maio xa son ben galo; en san Xoán xa dou unha espola ó can; en santa Mariña xa collo a cabritiña, en agosto xa vou co meu pai ó rosto. En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoan para o can. En coxeira de can e bágoas de muller, non hai que crer José María Pereda Álvarez (1953). No orixinal: n-hai.. En febreiro busca a sombra o cadelo. En febreiro busca a sombra o can. En febreiro, sete galgos e un lebreiro, i en maio, sete lebres e un galgo Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.. En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; por santa Mariña, xa como a galiña; por agosto, xa son bo raposo. En marzo, nazo; en abril estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán xa fuxo ó can; en Santa Mariña xa pillo a galiña, i en agosto xa son bo raposo Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.Real Academia Galega, s. v. agosto. No texto: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo ao can, ja pillo, ja son, bon.. En San Xoán a mexada dun can Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.Rosario Soto Arias 2013.. En san Xoán, encéndese a fogueira e canta o can. En san Xoán nin a mexeira dun can. En san Xoán, o tempo aínda pon cara de can. En San Xoán xa fuxe o raposo ó can . En san Xuán xa lle mete a corredoira o can. En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro. Entrecostos e soás, son honra das mesas e ósos prós cas Eladio Rodríguez González, s. v. entrecosto. Febreiriño corto, cos seus días vinteoito; se duras máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor pra ir co ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ó pregoeiro. Febreiriño curto, cos seus días vinteoito, se duraras máis catro non deixabas can nin gato. Febreiriño corto, cos teus días vinteoito, si duraras máis catro, non paraba can nin gato Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: mais.. Febreriño curto, cos teus días vinteoito, se tuveras outros catro, non quedaba can nin gato, nin orellas ó pigureiro, nin can tras do palleiro Elixio Rivas Quintas (1978). No orixinal: ghato, pighureiro.. Febreiro corto, cos seus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no seu burato Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro. No orixinal: corzo, sic por corto.. Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil . Fogueira de San Xoán, que non pase cadela nin can. Galiñas serán, dixo o zorro, máis chéiranme a can Refrán que expresa desconfianza ante un probable engano. É o remate dun conto no que o labrego engana ó raposo dándolle un saco cun can dentro dicíndolle que son galiñas.Eladio Rodríguez González, s. v. galiña. Galiñas serán, pero chéiranme a can Victoria Cerviño Ferrín 2013.. Gárdate de home que non fala, e de can que non ladra . Gárdete Deus de can lebrel, de casa de torre e de muller sabidora. Gracias a Deus co meu can cazou unha mosca e se a cazou comeuna. Home coxo e can rabelo, disconfía dil coma do demo Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Ladra, can, que pra eso gána-lo pan . Ládreme o can e non me morda, que eu lle botarei a corda Eladio Rodríguez González, s. v. can, s. v. ladrar.. Ládreme quen queira, mentras eu teña cartos na faltriqueira Eladio Rodríguez González, s. v. ladrar.. Lampreas en san Xoán, pra o can . Líbrete Deus de home de bigote loiro, de can rabeno e de home pequeno. Máis val can vivo que lión morto . Mal ladra o can cando ladra de medo . Marzo marceiro, pola mañán cara de can, e pola tarde é falangueiro . Marzo marzán, á noite cara de lobo e a mañán cara de can. Marzo marzán, cara de can . Marzo marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella . Marzo marzán cara de rosa pola mañán, e pola tarde cara de can Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No texto: cán.. Marzo marzán, cara de rosas pola mañán, e pola noite cara de can . Marzo marzán, pola mañán cara de can. Marzo marzán, pola mañán cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella. Marzo marzán, pola mañán cara de can e pola tarde Xan Barrigán. Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can. Marzo marzán, pola mañán cara de risa e pola tarde cara de can. Marzo marzán, pola mañán cara de rosa e pola tarde cara de can. Marzo marzán, pola mañán cara de rosas, pola noite cara de can. Marzo marzán, polo día a túa cariña de risa e á noite a túa cariña de can. Marzo marzán, polo día a túa cariña de rosa e pola noite a túa cariña de can. ¡Menos mal co meu can cazou unha lebre! Mentres o can dorme, o lobo mata e come . Morreu o can, acabouse a rabia. Morto o can, acabouse a rabia Centro Virtual Cervantes. Na cama do can non busques o pan, nin no fuciño da cadela busques a manteiga . Na cama do can non cáte-lo pan, nin no fuciño da cadela búsque-la manteiga Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: cátelo, búsquela.. Ningún can lamendo engorda. No abril para min, no maio para o criado e no san Xoán o peixe para o can. No bico do can non cáte-lo pan, nin no fociño da cadela cáte-la manteiga. No febreiro busca o can ó pé do palleiro. No mes de san Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ó can. Non busques o pan na cama do can . Non temos pra pan e mantemos un can . Nunca can me roeu que el non adoecese Dise cando alguén se quere cobrar de máis nunha ofensa. José María Pereda Álvarez. No orixinal: qu'él.. Nunca falta un can pra unha merenda . Ó cabo do ano, o can manda no seu amo Eladio Rodríguez González, s. v. ano.. O can afeito ó touciño, anque lle pele o fuciño . O can baila polo pan . O can coa onda, a seu dono se torna . O can coa rabia a seu dono traba . O can de boa raza pensa no pan e na caza . O can de hortelán non come as verzas nin deixa collelas pra comelas . O can de Xan Torrado, canto fai cos pés desfaino co rabo . O can do ferreiro dorme ás marteladas e desperta ás talladas . O can do hortelán, nin famento nin farto deixa de ladrar . O can e o meniño, onde atopan acariño . O can e o meniño pr'onde lles dan cariño. O can fraco todo é carrachas Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: carrechas.. Ó can fraco todo se lle volven pulgas . O can i o gato comen o mal gardado . Ó can i ó paroleiro, deixalos no carreiro . O can ladra onde come .