Os Oklahoma City Thunder son un equipo americano profesional de baloncesto. Xogan na División Noroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Teñen a sede en Oklahoma City, Oklahoma. É o equipo sucesor dos Seattle Supersonics.
Historia da franquía Creación dos Thunder miniatura|dereita|O Oklahoma City Arena (antes Ford Center) foi a casa dos Oklahoma City Thunder dende 2008.
No período posterior ao Furacán Katrina en Nova Orleáns e en zonas circundantes, os New Orleans Hornets recolocáronse temporalmente en Oklahoma City, xogando a maioría dos seus partidos coma locais no Ford Center, nas tempadas 2005-06 e 2006-07. A cidade amosou que podía ter unha franquía da NBA, e o comisionado da NBA, David Stern, dixo que Oklahoma City podería ter unha franquía propia.
En 2006, os SuperSonics foron vendidos por 350 millóns de dólares a un grupo de investidores de Oklahoma City, liderados por Clay Bennett, un movemento aprobado polos donos da NBA en outubro. Bennett pasou a maioría do ano 2007 intentando fundar un novo pavillón ou facer unha gran remodelación do KeyArena. Despois de 12 meses de desacordos cos gobernos locais e estatais e o equipo, Bennett anunciou a súa intención de levar a franquía a Oklahoma City tan cedo coma o contrato co KeyArena expirara.
En xuño de 2008, un xuízo entre a cidade de Seattle e Bennett sobre os intentos de Bennett de non cumprir os últimos dous anos que os Sonics tiñan por contrato co KeyArena foi ás cortes federais, e preto dun mes máis tarde, as dúas partes chegaron a un acordo. Os propietarios acordaron deixar o nome dos SuperSonics, o logo e as cores en Seattle para unha posible franquía da NBA no futuro. O 3 de setembro de 2008, o nome do equipo, o logo e as cores para a franquía de Oklahoma City foron anunciados.
Pavillóns Seattle Center Coliseum (1967-1978) The Kingdome (1978-1985) Seattle Center Coliseum (1985-1994) Tacoma Dome (durante a remodelación do KeyArena) (1994-1995) KeyArena (o antigo Seattle Center Coliseum) (1995-2008) Chesapeake Energy Arena (antes chamado Ford Center) (2008-presente)
Xogadores Equipo actual
Números retirados Números retirados de Oklahoma City XogadoresNo.XogadorPosiciónAnos1Gus WilliamsBase1977 - 198410Nate McMillanBase1987 - 199819Lenny WilkensBase1969 - 197224Spencer HaywoodAlero1971 - 197532Fred BrownBase/Escolta1971 - 198443Jack SikmaPivote1978 - 1986 AdestradoresNo.AdestradorVitorias/DerrotasAnos19Lenny Wilkens121-125357-2771969 - 1972 1978 - 1985
Membros do Basketball Hall of Fame Patrick Ewing: O expivote de New York Knicks xogou nos Sonics durante a tempada 2000-01 da NBA. K.C. Jones: Tras ser incluído no Hall of Fame en 1989, Jones dirixiu aos Sonics en 1991 e 1992. Bill Russell: Despois de gañar 11 campionatos cos Boston Celtics coma xogador, Russell adestrou e liderou aos Sonics cara a súa primeira participación en playoffs en 1975 (estivo no equipo dende 1973 ata 1977). Lenny Wilkens: Xogou de base e máis tarde de adestrador-xogador. Entrou no Hall of Fame en dúas ocasións; coma xogador en 1989 e coma adestrador en 1998. Wilkens adestrou aos Sonics campións de 1979 e é o adestrador líder en vitorias-derrotas da historia.
Galardóns individuais
MVP da Tempada da NBA Kevin Durant – 2014 Russell Westbrook – 2017
Mellor Sexto Home da NBA James Harden – 2012
Adestrador do Ano da NBA Scott Brooks – 2010
Primeiro Equipo All-NBA Kevin Durant – 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 Russell Westbrook – 2016, 2017 Paul George – 2019
Segundo Equipo All-NBA Russell Westbrook – 2011, 2012, 2013, 2015 Kevin Durant – 2016 Chris Paul – 2020
Terceiro Equipo All-NBA Paul George – 2018 Russell Westbrook – 2019
Primeiro Equipo Defensivo da NBA Serge Ibaka – 2012, 2013, 2014 Paul George – 2019
Segundo Equipo Defensivo da NBA Thabo Sefolosha – 2010 André Roberson – 2017
Primeiro Equipo de Rookies da NBA Kevin Durant – 2008 Russell Westbrook – 2009
Segundo Equipo de Rookies da NBA James Harden – 2010 Steven Adams – 2014
Aparicións NBA All-Star Game Kevin Durant – 2010–2016 Russell Westbrook – 2011–2013, 2015–2019 Paul George – 2018, 2019 Chris Paul – 2020
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial dos Thunder Oklahoma City Thunder @ Basketball-Reference.com
Categoría:Oklahoma City Thunder