Shiver é o noveno single da cantante australiana Natalie Imbruglia, lanzado o mercado o 25 de marzo do ano 2005 baixo o selo BMG e producido por Stephen Lipson. Tanto a canción como o vídeo musical da mesma foron amplamente emitidos tanto en emisoras de radio como na televisión. Considerado como un éxito a nivel mundial, entrou nas listas dalgúns países e obtivo a oitava posición na lista oficial do Reino Unido, aínda así non conseguiu unhas vendas significativas. Foi a canción máis emitida no Reino Unido en cinco semanas non consecutivas, e se mantivo no Top 10 catorce semanas. "Shiver" é considerado o segundo grande éxito de Imbruglia tras "Torn".

Vídeo

O vídeo musical da canción, inspirado no filme The Bourne Supremacy, comezou a emitirse en febreiro de 2005. Foi dirixido por Jake Nava que tamén dirixiu o vídeo musical de "My Prerogative" de Britney Spears, e o vídeo de "State of Mind" de Holly Valance. Foi gravado en Kíiv, Ucraína, durante o inverno.

Lista de temas

CD1 Reino Unido

# Título 1. "Shiver" 2. "My Own Movie"

CD2 Reino Unido

# Título 1. "Shiver" 2. "When You're Sleeping" 3. "Pineapple Head" 4. "Shiver" (CD-ROM Vídeo)

Posición nas listas

País Máxima posiciónAustralia19AustriaLista de Austria41Francia34Alemaña52IrlandaLista de Irlanda19ItaliaLista de Italia2México15SuízaLista de Suíza36Reino UnidoLista de Reino Unido6UcraínaLista de Ucraína14

Notas

Categoría:Sinxelos de 2005