Aranda de Duero é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León), pertencente á comarca da Ribera del Duero. Atópase situada ao sur da provincia. Conta cunha poboación de 33.257 habitantes (INE 2013), sendo unha das cidades máis poboadas da provincia, xunto a Burgos e Miranda de Ebro.

No plano económico é especialmente coñecida pola calidade dos seus viños D.O. Ribera del Duero. Nun radio duns 95 km atópanse as cidades de Burgos, Palencia e Valladolid. En Aranda de Duero celébrase anualmente o festival de música Sonorama.

Igrexa de Santa María, Aranda de Duero

Categoría:Concellos da provincia de Burgos