William Rose Benét, nado o 2 de febreiro de 1886 e finado o 4 de maio de 1950, foi un escritor e crítico literario estadounidense, irmán máis vello do tamén escritor Stephen Vincent Benét.
Traxectoria Naceu en Brooklyn nunha familia de tradición militar, pasou a súa infancia en Bethlehem, Pensilvania, estudou na The Albany Academy en Albany, Nova York e na Universidade Yale, onde se graduou en 1907. Comezou a editar a Saturday Review of Literature en 1924 e continuou a editala e a escribir nela ata a súa morte. En 1942 levou o Premio Pulitzer de poesía polo poemario autobiográfico The Dust Which Is God (1941). Tamén é autor de The Reader's Encyclopedia (1948), obra de referencia da literatura mundial.
Obras Merchants from Cathay (1913) Moons of Grandeur (1920) The First Person Singular (1922) Flying King of Kurio (1926) Golden Fleece (1935) With Wings as Eagles (1940) The Dust Which Is God (1941)
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Críticos literarios dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Nados en Brooklyn