miniatura|O pazo do parlamento da Bretaña, reconstruído despois do incendio de 1994. Protexe o Tribunal de Apelación de Rennes. Rennes (en , en galó: Resnn) é un concello francés, cabeza do departamento de Ille e Vilaine e da rexión da Bretaña en Francia, así como unha das capitais históricas do ducado da Bretaña. Sitúase ao leste da Bretaña na confluencia do río Ille e do río Vilaine, no Arco Atlántico, a 50 km da canle da Mancha e a 80 km do océano Atlántico.
Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns. A cidade chamábase Condate. Durante a Idade Media, coa chegada dos pobos bretóns e a consolidación do ducado da Bretaña fronte o poder carolinxio e logo dos reis de Francia, Rennes confirmouse como unha das poboacións máis importantes da rexión fronteiriza do ducado, a marca da Bretaña. Após a anexión do ducado da Bretaña ó reino de Francia, Rennes converteuse nunha capital provincial e acolleu o Parlamento da Bretaña.
Trala segunda guerra mundial, Rennes aumentou fortemente a súa poboación, desenvolvendo o sector industrial (destacando a gran fábrica de Citröen) e consolidouse como importante centro educativo grazas ás súas universidades. Hoxe en día, Rennes é un centro de innovación dixital e tecnolóxico recoñecido en Francia.
En 2012, cunha poboación de 210 000 habitantes (incluíndo 60 000 estudantes) e 700 000 habitantes na súa área urbana, Rennes é a décima cidade máis importante de Francia.
Xeografía Rennes atópase a 308 km ó oeste de París, en liña recta. Ocupa unha posición excéntrica en relación co conxunto do territorio da Bretaña, atopándose a 50 km do límite oriental da rexión e a 250 km da punta occidental de Finistère. A súa situación occidental en relación co resto do territorio nacional impulsouno a xogar un papel central no Arco Atlántico, unha das grandes rexións transnacionais recoñecidas pola Comisión Europea.
Atópase no corazón dunha área urbana de 690 000 habitantes, repartidos entre unhas 190 comunidades periurbanas. Xoga un papel crucial na economía da Bretaña moderna.
Rennes forma parte e é sede de Rennes Métropole.http://metropole.rennes.fr/
Clima Goza dun clima oceánico, con invernos un pouco fríos e húmidos, e veráns algo secos e moderadamente quentes.
Administración Lista de alcaldes Período Nome Partido 1944-1953 Yves Millon 1953-1977 Henri Fréville MRP 1977-2008 Edmond Hervé PS 2008-2014 Daniel Delaveau PS 2014- Nathalie Appéré PS
Demografía Poboación miniatura|dereita|Área urbana de Rennes. Concello de Rennes: 209 860 (2012), 11° en Francia Área urbanadelimitada polos movementos cotiáns de traballo, segundo os criterios do INSEE de Rennes: 690 467 (2012), 10° en Francia Comunidade urbana Rennes Metropole: 420 707 (2012); 43 concellos Outros concellos importantes da comunidade urbana (2012): Bruz: 17 000 Cesson-Sévigné: 16 000 Saint-Jacques-de-la-Lande: 11 000 Pacé: 11 000 Betton: 10 000 Chantepie: 10 000 Saint-Grégoire: 9 000
Evolución demográfica 1793 1800 1806 1821 1831 1836 1841 1846 1851 30 160 25 904 29 225 29 589 27 340 35 552 37 895 39 218 39 505 1856 1861 1866 1872 1876 1881 1886 1891 1896 45 664 45 483 48 283 52 044 57 177 60 974 66 139 69 232 69 937 1901 1906 1911 1921 1926 1931 1936 1946 1954 74 676 75 640 79 372 82 241 83 418 88 659 98 538 113 781 124 122 1962 1968 1975 1982 1990 1999 2006 - - 151 948 180 943 198 305 194 656 197 536 206 229 209 613 - -
Educación Universidade de Rennes 1: Bioloxía, Ciencias naturais, Física, Matemáticas, Química, Economía, Filosofía, Dereito... Universidade Rennes 2 Alta Bretaña : Arte, Deporte, Literatura, Música, Historia, Lingüística, Psicoloxía, Socioloxía, Xeografía... Paris School of Business : Xestión. Rennes School of Business : Xestión.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial de Rennes