A estación de Castelló de la Plana ou Castelló é a estación da rede de Adif de Castelló de la Plana. Pertence á liña Valencia-Tarragona do Corredor Mediterráneo (P.K. 69,5).

O edificio Esta estación intermodal de nova construción está situada na rúa do Pintor Oliet nº 2, e substitúe á antiga Estación do Norte aberta en 1882 e situada algo máis ao leste da actual.

Nos anos 90, coa adecuación do Corredor Mediterráneo para converterse nunha liña de altas prestacións (velocidade máxima de 160 a 200 km/h), modificouse o trazado ao paso pola cidade de Castelló da Plana, construíndose un túnel baixo os barrios occidentais e unha estación de ferrocarril subterránea. Esta estación inaugurouse cando empezaron a circular os trens Euromed.

A estación consta de tres niveis (0, -1 e -2). O primeiro nivel contén os despachos de billetes, tendas e cafetería, o segundo é o distribuidor de plataformas, e o terceiro as tres plataformas cun total de 6 vías.

Xunto á estación de ferrocarril atópase a estación de autobuses, con liñas que conectan con municipios da provincia ou ben con liñas de longo percorrido. Igualmente, desde 2008 o novo modo de transporte TVRCas de trolebús.

Servizos ferroviarios Proximidades Castelló de la Plana é a cabeceira da liña C-6 de Proximidades Valencia, desde a que parten trens cun intervalo de 20 min en hora punta os días laborables a unha hora os fins de semana e festivos.

Nos meses de xullo e agosto, algúns destes trens convértense en rexionais cadenciados con destino Orpesa, que amplían o seu percorrido de proximidade con dúas estacións máis, Benicàssim e Orpesa.

Liña estación > Destino/orixe 25px Almassora València-Nord 20pxCIVIS Vila-real

Media Distancia Circulan tres trens Rexional Exprés diarios en cada sentido, dous Valencia-Barcelona e un Valencia-Tortosa.

Orixe/destino < estación Liña estación > Destino/orixe València-Nord Vila-real L-7 Benicàssim TortosaBarcelona-Estació de França

Longa Distancia Nome do servizo << >> Observacións Alaris Madrid-Puerta de Atocha Orpesaterminal 2 trens diarios València-Nord Barcelona-Estació de França Alacant-Terminal 1 tren diario Arco García Lorca Barcelona Sevilla-Santa JustaMálaga-María ZambranoBadaxozGranada ou Almería 1 tren diario Euromed Valencia-Estació del NordAlacant-Terminal Barcelona-Sants Talgo Murcia del Carmen Barcelona-Sants 1 tren diario Lorca-Sutullena Talgo Mare Nostrum Cartagena Montpellier Saint-Roch 1 tren diario Trenhotel Alhambra Barcelona-Sants Granada

Castelló Categoría:Castelló de la Plana