Á de mosca é unha novela do ano 1998 escrita por Aníbal Malvar.

Trama

Carlos Ovelar, un fotógrafo freelance galego residente en Madrid. Antigo traballador dos servizos estatais de intelixencia, é chamado polo marido da súa ex muller para que atope á filla, desaparecida recentemente. Malia que só estivera unha vez coa rapaza, e que as relacións coa súa ex muller son inexistentes, decide ir.

Coa axuda do Gualtrapa, outro exmembro dos servizos de intelixencia, ao igual que o pai de Carlos, descubrirá que Ania, a desaparecida, está en relación cos fillos dun dos capos do tráfico de cocaína, residente na Illa de Arousa, e que a súa desaparición está relacionada co roubo de trinta quilos de droga.

Narración Está ambientada a medio camiño entre Santiago de Compostela e o Salnés. Está narrado en primeira persoa polo protagonista.

Traducións Ao castelán por Susana Veiga co título de Ala de mosca publicado en 2009 pola Editorial InÉditorFicha en BiTraGa..

Ao francés por Helène Serrano co título de Comme un blues publicado en 2017 por Asphalte éditions, col. FictionsFicha en BiTraGa.. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas ficha na páxina da editorial

Categoría:Novela negra en galego Categoría:Obras literarias de 1998 Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Edicións Xerais de Galicia