miniatura|Croix de Pennavern, Bretaña As cruces de pedra na Bretaña é un estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña francesa publicado por Castelao en 1930, como documentación previa para outro traballo similar que estaba preparando sobre os cruceiros galegos, As cruces de pedra na Galiza.

Contido Foi publicado polo Seminario de Estudos Galegos o 15 de maio de 1930, e impreso na imprenta Antúnez, de Pontevedra. Contén o resultado do percorrido realizado coa súa muller, Virxinia, entre maio e agosto de 1929 grazas a unha axuda concedida pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. Dise que se lle concedeu grazas ás manobras dalgúns amigos seus para axudarlle a supera-la depresión sufrida trala morte do seu único fillo, Alfonso Xesús de Braga, en xaneiro de 1928 Monteagudo escribe que "No fondo, seguramente o que pretendía [Castelao] era mudar de aires e ausentarse por un tempo da cidade que vería naqueles tempos tinxida de tristura..

Segundo di o propio Castelao, para entendermos os cruceiros galegos cumpría coñecer previamente os bretóns, tan imitantes dos galegos. No limiar do libro escribe:

Valentín Paz Andrade realizara en 1927 unha viaxe por aquelas terras e observou as similitudes advertindo diso a Castelao, quen levaba estudando esta manifestación artística en Galicia desde principios dos anos vinte.

miniatura|Calvario de Pleyben (Bretaña). O texto divídese en cinco capítulos, comezando polas cruces primitivas (que data xa no século V) e os megálitos cristianizados ata rematar na descrición pormenorizada dos calvarios, coa representación de numerosas escenas e, algúns deles, con centos de figuras, como o de Guimiliau, que cualifica como o máis interesante e máis instrutivo; ou o de Pleyben, do que di que é o mellor de todos, o máis acertado e o máis artístico. As descricións dos cruceiros complétanse cun total de 151 debuxos, de conxunto e de detalle, e 12 fotografías.

Á marxe do propio libro, a viaxe de Castelao deu pé a un longo artigo, co título Sant-iago na Bretaña, que publicou na revista Nós o 25 de xullo de 1929 (nº 67) e o mesmo día de 1930 (nº 79), incluíndo a tradución dun romance bretón titulado Don Xoán Derrién.Esta é a única tradución de Castelao dun texto completo ó galego.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Castelao: As cruces de pedra na Bretaña, Edicións Castrelos, Vigo 1974. Enciclopedia Galega Universal s. v. "As cruces de pedra na Bretaña". Ir Indo, Vigo 1999. Henrique Monteagudo (coord.): Obras [Castelao]. Galaxia, Vigo 2000.

Outros artigos As cruces de pedra na Galiza Cruceiro Cruz monumental

Categoría:Obras literarias de 1930 Categoría:Obras ensaísticas de Castelao Categoría:Cruceiros Categoría:Obras pictóricas de Castelao Categoría:Seminario de Estudos Galegos