Alexander ("Alex") Bunbury, nado en Plaisance (Güiana) o 18 de xuño de 1967, é un exfutbolista profesional canadense. Como dianteiro do CS Marítimo portugués, bateu tódolos récords ao marcar 59 goles en 165 partidos durante a súa estadía no club. Ademais, participou na Selección canadense, coa que marcou 17 goles.
Traxectoria Alex xogou como futbolista profesional durante 15 anos en Inglaterra, Portugal, o Canadá e os Estados Unidos, criándose orixinalmente en Hamilton, Ontario. Bunbury comezou a súa carreira profesional xogando cos Hamilton Steelers (1987-90), Toronto Blizzard e Montreal Supra da (antiga) Canadian Soccer League. El foi suplente no club inglés do West Ham United, onde xogou tan só seis encontros en tódalas competicións co equipo.
Bunbury foise ao CS Marítimo en 1993 onde se estableceu durante seis tempadas como un dos máis coñecidos goleadores estranxeiros da SuperLiga durante os anos 90, cariñosamente coñecido como Alex polos seareiros do equipo. Bunbury gañou o premio ao Xogador Estranxeiro do Ano en Portugal tras a tempada 1994-1995.
En 1999, Bunbury solicitou ser trasladado para estar próximo á súa casa de Montreal e foi vendido, uníndose á Major League Soccer atopando un oco no Kansas City Wizards, dos Estados Unidos. Unha lesión de nocello forzou á súa retirada tras case dous anos no Kansas City, co que marcou catro goles en 24 partidos. Bunbury foi introducido no Salón da Fama do fútbol canadense en abril de 2006. arranxo a tradución
Carreira como adestrador Bunbury actualmente adestra ao Bangu FC de Minnesota (Estados Unidos).
Persoal Desde o seu retiro, Bunbury e os seus tres fillos mudáronse a Prior Lake, Minnesota, onde Bunbury comezou a súa carreira como adestrador. Tivo coa súa muller Kristi unha filla, Kylie, e tres fillos, Logan, Mateo e Teal. Teal xoga ao fútbol no equipo da Universidade de Akron.
Clubs ClubPaísAnoHamilton Steelers1987-1990Toronto Blizzard1990Supra Montréal1991West Ham United1992-1993CS Marítimo1993-1999Kansas City Wizards1999-2000
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Bunbury en The Wonderful World of West Ham United statistics
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Futbolistas do Canadá Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do West Ham United FC Categoría:Xogadores do CS Marítimo Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Canadá Categoría:Nados na Güiana