Eiður Smári Guðjohnsen, nado o 15 de setembro de 1978 en Reiquiavik, é un ex xogador de fútbol islandés. Foi o capitán e máximo goleador da Selección de Islandia. Adoitaba xogar en posicións ofensivas, e ademais da súa capacidade goleadora tamén tiña certa habilidade para xogar o balón.

Traxectoria Con 15 anos recalou nun dos equipos da capital islandesa, o Valur, e posteriormente, no PSV Eindhoven holandés, compartindo equipo con Ronaldo. En 1996 debutou como internacional coa selección de Islandia contra a de Estonia substituíndo o seu propio pai, Arnór Guðjohnsen, feito inédito no fútbol profesional.

Posteriormente xogou no KR Reykjavík, e pouco despois aterrou na Premier League inglesa, concretamente no Bolton Wanderers, anotando 21 goles na tempada 1999/2000, o que lle deu a posibilidade de subir un chanzo máis e fichar polo Chelsea a cambio de 4 millóns de libras. Daquela, o adestrador do Chelsea era o italiano Gianluca Vialli, e o compañeiro de ataque do islandés era Hasselbaink, co que formou unha parella temible na tempada 2001-02, na que Guðjohnsen anotou 23 goles e Hasselbaink 27.

Roman Abramovich chegou ao club londiniense en 2003 e con el novos reforzos, como o romanés Adrian Mutu, o arxentino Hernán Crespo ou o marfilés Didier Drogba, quel le dificultaron un posto no once titular, polo que as zonas atacantes se foron repartindo, se ben coa marcha de Mutu en 2005 despexou algo o camiño a Guðjohnsen. Marcou o seu primeiro hat-trick como profesional contra o Blackburn Rovers en outubro de 2004.

Na madrugada do 13 ao 14 de xuño do 2006, mediante unha reunión en Barcelona do seu representante con Ferran Soriano, un directivo do FC Barcelona, e con representantes FIFA do Chelsea, chegouse mediante un acordo ao seu traspaso ao Barça, onde utiliza o dorsal número 7 vestido anteriormente por Henrik Larsson.

O 13 de outubro de 2007 converteuse no máximo goleador da Selección de Islandia nun partido valedoiro para a clasificación da Eurocopa 2008 fronte á Selección de Letonia, marcando os dous goles da súa selección, que malia todo rematou perdendo por 4-2.

Tralos ruxe-ruxes que colocaban a Guðjohnsen fóra do FC Barcelona, o novo adestrador, Pep Guardiola, confirmou que contaba con el para a tempada 2008/2009. Vida persoal

Está casado con Sveinn Aaron, e ten dous fillos, Daniel Tristan e Andri Lucas.

Clubs ClubPaísAnoValur Reykjavík Islandia1994PSV EindhovenPaíses Baixos1994-1996KR Reykjavík Islandia1996-1998Bolton WanderersInglaterra1998-2000Chelsea FCInglaterra2000-2006FC BarcelonaEspaña2006-2009

Títulos Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa HolandesaPSV EindhovenPaíses Baixos1996Supercopa HolandesaPSV EindhovenPaíses Baixos1996Community ShieldChelsea FCInglaterra2000Carling CupChelsea FCInglaterra2005Premier LeagueChelsea FCInglaterra2005Community ShieldChelsea FCInglaterra2005Premier LeagueChelsea FCInglaterra2006Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2006LigaFC BarcelonaEspaña2009Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2009

Campionatos internacionais TítuloClubAnoCopa de EuropaFC Barcelona2009

Ligazóns externas Blog de Gudjohnsen Ficha de Gudjohnsen na Web Oficial do FC Barcelona

Categoría:Futbolistas de Islandia Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Islandia Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Reiquiavik Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA