2000 (MM) foi un ano bisesto comezado en sábado no calendario gregoriano.

Acontecementos 1 de xaneiro: multitudinarias celebracións na Porta de Branderburgo (Berlín), Torre Eiffel e a Praia de Copacabana (Río de Xaneiro) entre outras, para celebra-lo ano novo. 27 de agosto: accidente ferroviario preto da estación de Barra de Miño (Coles). Un turismo foi arrolado por un tren nun paso a nivel sen barreiras, con catro persoas mortas e unha ferida de gravidade."Cuatro muertos y un herido en Orense tras ser arrollado un vehículo por un tren en un paso a nivel sin barreras", ABC, 28 de agosto de 2000, p. 34. . 24 de novembro: declárase oficialmente en Galicia a Enfermidade das vacas tolas trala morte dunha vaca en Carballedo (Lugo) o 25 de outubro. Foi o primeiro caso da enfermidade en España.

Pecha o Centro de Instrucións de Marineria da Armada (CIM) en Ferrol O Deportivo da Coruña gaña a Liga española de fútbol Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

Nacementos 9 de setembro, Victoria Federica de Marichalar e Borbón, filla de Helena de Borbón e Grecia e Jaime de Marichalar. 6 de outubro, Jazz Jennings, youtuber, personalidade dos medios, escritora e activista na defensa dos dereitos LGBTQ. 6 de decembro, Pablo Nicolás Urdangarín Borbón, fillo de Cristina de Borbón e Grecia e Iñaki Urdangarin.

Mortes 2 de xaneiro – Patrick O’Brian, escritor inglés (n. 1914). 2 de xaneiro – José Meixengo Pereira, médico e político galego (n. 1909). 19 de xaneiro - Bettino Craxi, primeiro ministro de Italia (n. 1934). 11 de febreiro - Roger Vadim, director francés de cine (n. 1928). 12 de febreiro - Charles M. Schulz, debuxante estadounidense (n. 1922).

16 de febreiro - Suso Vaamonde, cantautor galego. 23 de febreiro - Ofra Haza, cantante israelí (n. 1957). 6 de abril - Habib Bourguiba, presidente de Tunisia (n. 1903). 13 de abril - Giorgio Bassani, escritor italiano. 16 de abril - Hisamuddin Alam Shah, rei de Malaisia (n. 1920). 28 de abril - Antonio Buero Vallejo, dramaturgo español. 29 de abril - Phạm Văn Ðồng, primeiro ministro de Vietnam (n. 1906). 11 de maio - Verna Aardema, escritora norteamericana de literatura infantil. (n.1911) 14 de maio - Keizo Obuchi, primeiro ministro do Xapón (n. 1937). 21 de maio – Barbara Cartland, escritora británica (n. 1901). 30 de maio - Tito Puente, músico estadounidense (n. 1923). 10 de xuño - Hafez al-Assad, presidente de Siria (n. 1930). 1 de xullo - Walter Matthau, actor estadounidense (n. 1920). 14 de xullo - Eladio Marcos Rodríguez, mestre e pintor galego (n. 1908). 15 de xullo - Juan Filloy, escritor arxentino de ascendencia galega. 18 de xullo - José Ángel Valente, poeta galego en lingua castelá. 22 de xullo - Carmen Martín Gaite escritora española. (n.1925). 5 de agosto – Sir Alec Guinness, actor e escritor británico (n. 1920). 9 de agosto - John Harsanyi, economista húngaro, Premio Nobel (n. 1920). 25 de agosto – Carl Barks, dibuxista estadounidense (n. 1901). 28 de agosto – Pierre Trudeau, primeiro ministro do Canadá (n. 1919). 3 de outubro - Benjamin Orr, baixista (The Cars) (n. 1947). 4 de outubro - Michael Smith, químico británico, Premio Nobel (n. 1932). 15 de outubro - Konrad Emil Bloch, bioquímico alemán, Premio Nobel (n. 1912). 28 de outubro - Aare Laanemets, actor de teatro e cine e director de teatro estoniano. 19 de novembro - Sebastiana Vitales Gascón, militante libertaria española (n. 1902). 18 de decembro - Kirsty MacColl, cantante e compositora británica (n. 1959).

25 de decembro - Willard Van Orman Quine, filósofo estadounidense.

Premios Nobel Física: Zhores I. Alferov Herbert Kroemer e Jack S. Kilby Química: Alan J. Heeger, Alan MacDiarmid e Hideki Shirakawa Fisioloxía ou Medicina: Arvid Carlsson, Paul Greengard e Eric R. Kandel Literatura: Gao Xingjian Paz: Kim Dae-jung Economía: James J. Heckman e Daniel L. McFadden

Día das Letras Galegas dedicado a: Manuel Murguía

Outros

Historia ano a ano

Notas

Categoría:2000