Os Vilares é un lugar da parroquia de San Caetano no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2024 tiña 42 habitantes (18 homes e 24 mulleres).
Está situada entre Meixonfrío e o polígono industrial do Tambre, ao norte do concello compostelán. Ten aproximadamente unhas cincuenta casas, algunhas delas conservadas do que era a antiga aldea e outras moitas de nova construción.
Ten unha casa de turismo rural. Aquí empeza a liña de autobús 8, que a comunica co centro da cidade e con Vidán.
Lugares e parroquias Lugares de San Caetano
Parroquias de Santiago de Compostela
Notas
Vilares