"Neverending Love", escrita por Per Gessle, foi o primeiro lanzamento do dúo de pop sueco Roxette, e que sería incluído máis tarde no seu álbum debut Pearls of Passion.

A canción titulábase orixinalmente Svarta Glas e fora escrita por outro artista sueco, Pernilla Wahlgren. Botouse para atrás e deulla ao seu irmán, Niclas Wahlgren, quen decidiu gravala. O lanzamento desta versión foi cancelado, porén, debido a petición da empresa discográfica EMI, porque Gessle gravara unha versión en inglés da canción xunto coa outra membro de Roxette, Marie Fredriksson. O novo título da canción foi Neverending Love.

Orixinalmente estaba destinado o seu lanzamento unicamente fóra de Suecia, pero EMI finalmente cambiou de opinión e lanzárono tamén nese país onde alcanzaría a terceira posición nas listas de sinxelos.

Existen dous vídeos musicais para Neverending Love. O primeiro vídeo foi filmado en Luxemburgo en 1986 onde Marie ten o pelo vermello. O segundo vídeo foi dirixido por Rikard Petrelius.

Lista de temas

# Título 1. "Neverending Love" 2. "Neverending Love (Love Mix)"

Véxase tamén Ligazóns externas

Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.

Categoría:Sinxelos de 1986 Categoría:Cancións de Roxette