miniatura|230px|Estación Kievskaya (Киевская)

miniatura|230px|Escaleiras do metro de Moscova

O metro de Moscova, en ruso: Московский метрополитен, tamén coñecido como o palacio subterráneo, foi inaugurado en 1935, e é actualmente o primeiro do mundo por densidade de pasaxeiros, transporta arredor de 3.341.500.000 persoas ao ano e cerca de 9,2 millóns de individuos ao día. Posúe 200 estacións e unha lonxitude de tendido subterráneo de 333.4 quilómetros (quinto no mundo despois de Nova York, Londres, Madrid e Toquio) con 15 liñas.

Na liña , con forma de anel, que se cruza con todas as outras en dúas estacións, a megafonía indica aos usuarios o sentido en que viaxa o tren, utilizando voces masculinas cando avanzan no sentido das agullas do reloxo, e voces femininas cando se dirixe en sentido contrario. Así, nas liñas radiais, empréganse voces masculinas cando os trens se acercan ao centro da cidade, e voces femininas cando se afastan.

Historia miniatura|170px|Antiga ficha de 1955 do metro de Moscova, válida para unha viaxe. A primeira liña foi aberta o 15 de maio de 1935 entre Sokol'niki e Park Kul'tury, cun ramal cara Smolenskaya que foi ampliado até Kievskaya en abril de 1937 (cruzando o río Moscova sobre unha ponte). Dúas liñas máis foron logo abertas antes da segunda guerra mundial. En marzo de 1938 a liña de Arbatskaya foi ampliada até a estación de Kurskaya (hoxe Arbatsko-Pokrovskaya). En setembro de 1938 abriuse a liña Gorkovsko-Zamoskvoretskaya, entre Sokol e Teatral'naya.

Os proxectos da terceira etapa do Metro de Moscova foron atrasados durante a segunda guerra mundial. Dúas seccións do metro foron postas en servizo: Teatralnaya - Avtozavodskaya (3 estacións, cruzando o río Moscova nun túnel profundo) e Kurskaya - Izmaylovskiy Park (4 estacións).

Despois da guerra iniciouse a construción da cuarta etapa do metro, que incluía a liña Kol'tsevaya e a parte profunda da liña Arbatsko-Pokrovskaya desde Pl. Revolyutsii até Kievskaya.

As razóns da construción da sección profunda da estación Arbatskaya radica no inicio da guerra fría. Son profundas e están ideadas para esconder xente no caso dunha guerra nuclear. Despois da finalización da liña en 1953.

Arquitectura Durante os anos 60 a arquitectura das estacións variou seriamente e algunhas estacións como VDNKh e Alekseevskaya inauguráronse con maior simplicidade que o planeada orixinalmente.

Liñas #NomeInauguraciónLonxitudeTempo de viaxeSokolnicheskaya (Сокольническая)193544.1 km67 minZamoskvoretskaya (Замоскворецкая) 193832.2 km52 minArbatsko-Pokrovskaya (Арбатско-Покровская)193845.1 km65 minFilovskaya (Филёвская)195814.9 km14-20 minKoltsevaya (Кольцевая)195019.4 km28 minKaluzhsko-Rizhskaya (Калужско-Рижская)195837.8 km56 minTagansko-Krasnopresnenskaya (Таганско-Краснопресненская)196642.2 km59 minKalininskaya (Калининская)197916.3 km21 minSolntsevskaya (Солнцевская)201430.9 km44 minSerpujovsko-Timiriazevskaya (Серпуховско-Тимирязевская)198341.5 km58 minLiublinsko-Dmitrovskaya (Люблинско-Дмитровская)199543.9 km68 minBolshaya Koltsevaya (Большая Кольцевая)199557.5  km (+ 5.0  km)87.5 minButovskaya (Бутовская)200310.0 km16 minButovskaya (Монорельс)20044.7 km7 minButovskaya (Московское Центральное Кольцо)201654.0 km88 minNekrasovskaya (Некрасовская)201919.6 km20 minTroitskaya (Троицкая)202410.0 km16 min

Notas

Ligazóns externas

As novidades do metro de Moscova

Categoría:Moscova Moscova