Curtis é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Curtis, no concello de Curtis, provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.Ficha técnica Adif

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 497,6 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións de Teixeiro e Piñoi. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña. A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Spanishrailway Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. A estación atópase situada na parroquia coñecida como Curtis-Estación, ao norte do núcleo urbano de Curtis.

Conta cunha plataforma lateral e outra central ás que acceden dúas vías. A estación consta dun total de catro vías pasantes numeradas como 1, 2, 4 e 6, ás que se lles suman tres vías mortas, usadas para o estacionamento de vagóns, xa que nesas vías procédese a expedir trens madeireiros que son cargados alí.

Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos Ourense-Empalme

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Curtis Categoría:Curtis