Cecebre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na parroquia de Cecebre, no concello de Cambre, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 533,1 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións de Betanzos-Infesta e Cambre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia Cando se inaugurou o tramo A Coruña-Lugo da liña Palencia-A Coruña o 10 de outubro de 1875Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Spanishrailway, non se dispuxo de ningunha parada na zona. O apeadoiro foi construído posteriormente sen que conste a súa data exacta de apertura. Dá nome á aldea do Apeadoiro.
A estación As súas instalacións dispoñen dun edificio de planta baixa, con aspecto de vivenda propio dalgunhas construcións ferroviarias da década de 1970 recuberto por un tellado dunha soa vertente. Conta cunha única plataforma lateral á que accede a vía principal.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos Ourense-Empalme 5 MD A Coruña <> Ferrol
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Cecebre Categoría:Cambre